No ano 2.011 – último
ano do que dispoñemos de datos pechados- o sector da conserva
facturou 2.400 millóns de euros, o que supuxo un incremento do 5% de
valor de producción sobre o ano anterior .
Das 147 empresas
operativas en España, 65 están localizadas en Galicia
proporcionando emprego a 11.950 persoas e representando o 6,5% do
emprego industrial de Galicia, do que o 79% é emprego feminino e o
72% empleo fixo .
Todos estos datos
POSITIVOS realzan a gran importancia do sector conserveiro na
economía galega, onde supón nin máis nin menos que o 3% do PIB. E
é neste sector estratéxico de Galicia, onde a falla de política
económica do PP e dos seus máximos representantes na Xunta de
Galicia e na Deputación de Pontevedra, o Sr. Feijoo e o Sr. Louzán,
están a permitir que se afunda por falla de apoio.
No Salnés non podemos
permitirnos a deslocalización das conserveiras como os casos actuais
de Alfageme e Conservas Pita (CUCA), de arraigo centenario na nosa
estructura social e económica, pola inacción das administracións
públicas e pola deixadez de funcións dos seus responsables.
Señores: actuen XA. Non ten lóxica ningunha que un sector que
incrementa nun 5% o seu valor de producción, este plantexando
deslocalizar as súas factorías.
O Salnés desángrase. A
finais do 2.008 rexistraba case que 8.900 parados e a finais do 2.012
rexistraba 13.835. Un incremento de case que 5.000 persoas.
A suba do paro no mes de
decembro de 2.012 na comarca do salnés, representou o segundo maior
incremento do paro en Galicia, sendo na actualidade o número de
parados do Salnés máis que os da Comarca de Pontevedra.
E ese é o balance das
políticas- ou da falla das mesmas- do Sr. Feijoo, do Sr. Louzán e
do PP na nosa comarca. A ano pechado as contas da Deputación de
Pontevedra reflexaban case que 30 millóns de euros de déficit ( de
derroche do Sr. Louzán, de vivir por riba das súas posibilidades).
¿ A onde foi ese diñeiro Sr. Louzán? Xa que esa sería unha
cantidade máis que importante para apoiar os nosos sectores e xerar
riqueza na nosa, na súa comarca.
Sr. Louzán: política
económica non é “colocar” na Deputación e nos entes
dependentes as persoas que se presentan nas listas do PP nas
distintas eleccións, senon que é apoiar os sectores ( primario,
secundario e terciario) da nosa comarca. A súa política só levou a
incrementar o paro e a desestructuralización da comarca -, os
resultados estan a vista. Por elo debemos pelexar para que o SALNÉS
NON SE DESANGRE . NON O PODEMOS PERMITIR.
Asdo.: José Manuel
Vázquez Vázquez