martes, 22 de enero de 2013

O SALNÉS SE DESANGRA....


No ano 2.011 – último ano do que dispoñemos de datos pechados- o sector da conserva facturou 2.400 millóns de euros, o que supuxo un incremento do 5% de valor de producción sobre o ano anterior .
Das 147 empresas operativas en España, 65 están localizadas en Galicia proporcionando emprego a 11.950 persoas e representando o 6,5% do emprego industrial de Galicia, do que o 79% é emprego feminino e o 72% empleo fixo .
Todos estos datos POSITIVOS realzan a gran importancia do sector conserveiro na economía galega, onde supón nin máis nin menos que o 3% do PIB. E é neste sector estratéxico de Galicia, onde a falla de política económica do PP e dos seus máximos representantes na Xunta de Galicia e na Deputación de Pontevedra, o Sr. Feijoo e o Sr. Louzán, están a permitir que se afunda por falla de apoio.
No Salnés non podemos permitirnos a deslocalización das conserveiras como os casos actuais de Alfageme e Conservas Pita (CUCA), de arraigo centenario na nosa estructura social e económica, pola inacción das administracións públicas e pola deixadez de funcións dos seus responsables. Señores: actuen XA. Non ten lóxica ningunha que un sector que incrementa nun 5% o seu valor de producción, este plantexando deslocalizar as súas factorías.
O Salnés desángrase. A finais do 2.008 rexistraba case que 8.900 parados e a finais do 2.012 rexistraba 13.835. Un incremento de case que 5.000 persoas.
A suba do paro no mes de decembro de 2.012 na comarca do salnés, representou o segundo maior incremento do paro en Galicia, sendo na actualidade o número de parados do Salnés máis que os da Comarca de Pontevedra.
E ese é o balance das políticas- ou da falla das mesmas- do Sr. Feijoo, do Sr. Louzán e do PP na nosa comarca. A ano pechado as contas da Deputación de Pontevedra reflexaban case que 30 millóns de euros de déficit ( de derroche do Sr. Louzán, de vivir por riba das súas posibilidades). ¿ A onde foi ese diñeiro Sr. Louzán? Xa que esa sería unha cantidade máis que importante para apoiar os nosos sectores e xerar riqueza na nosa, na súa comarca.
Sr. Louzán: política económica non é “colocar” na Deputación e nos entes dependentes as persoas que se presentan nas listas do PP nas distintas eleccións, senon que é apoiar os sectores ( primario, secundario e terciario) da nosa comarca. A súa política só levou a incrementar o paro e a desestructuralización da comarca -, os resultados estan a vista. Por elo debemos pelexar para que o SALNÉS NON SE DESANGRE . NON O PODEMOS PERMITIR.



Asdo.: José Manuel Vázquez Vázquez

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Cometa o que queiras, sempre con respeto, e publicaremosche o comentario canto antes.