jueves, 10 de enero de 2013

A IGNORANCIA É ATREVIDA



Contestarlle o atrevemento da Sra. Paula Suárez- concejala PP- que antes de firmar unha nota hai que saber do que se escribre, porque cando un ou unha ostenta un cargo público e quere dar leccións o primeiro que ten que facer é informarse para saber do que se fala, por elo decirlle que a lei reguladora das bases de réxime local que é onde se recollen as materias sobre as que os municipios teñen competencia, concellos como o noso non esta obligado a ter policía local, e nembargantes TENA, aumentando en dous auxiliares no verán, e sempre co único esforzo das arcas municipais, xa que en base a non ter esa obriga competencial os distintos governos do PP non nos dan ningún tipo de axudas para a dotación e mantemento da policía local. Agora se todo o mundo respetara as normas e aparcara ben e houbese aceras sra. concelleira faría falla menos policia. Entón sr. Paula si acepta un consello a IGNORANCIA É ATREVIDA.
Decirlle tamén, que este grupo de governo nunca lle faltou o respeto nin a garda civil nin o ministerio do interior, todo o contrario sempre colaboramos con eles. Quen lle ten que pedir perdón son vostedes polos recortes que lle s estan impoñendo que non teñen nin para material, e como exemplo un caso que ocurreu no termo municipal onde a unha veciña victima dun roubo cando chamou por telefono para solicitar a súa presencia éstos lle dixeron que o redactara nun folio e si facia o favor de achegarllo porque eles nese intres non tiña medio posible para desplazarse A Illa de Arousa, Sr. Paula Suaréz caso real acurrido en A Illa de Arousa no ano 2.012.
Sobre a Convocaria da Xunta local de Seguridade informarlle que o actual subdelegado do goberno dixome que a correspondente A Illa de Arousa non estaba constituida, quen escribe dixolle que defeito eu mesmo mantivera xuntanzas da mesma cos seus predecesores – Srs. Alejandro Mon, e Delfín Fernández-. Por non alimentar a polémica miramos no archivo do concello e enviamolle copia do acordo da constitucion da Xunta Local de Seguridade do Municipio de A Illa de Arousa o 29 de outubro de 1997 firmado polos srs. Don Alejandro Mon e don Juan Manuel Dios Oubiña.
En canto a productividade dos funcionarios decirlle que non todos somos “ Barrigas agradecidas”. Nos non entramos en política para que nos enchufen na Deputación ( esclavos do século XXI),encima cos cartos de todos e como ben decía o sindicato Comisións obreiras esta semana”...os plans de empleo da Deputación de Pontevedra fomentan o clientelismo político a base de explotar as necesidades das familias...” hai que ser INDIGNOS. Mire non todos somos iguais o seu xefe local, o sr. Juan José González Vázquez hoube meses deste ano quu el cobrou e os seus traballadores ( os Bombeiros) non cobraron aqueles meses, aquí no concello é o revés, porque eu creo no traballo en equipo por riba de todo, e non no beneficio propio. Srs. do PP iso nunco o farei, simplemente por convicción, respeto e dignidade.
Faltarlle o ministerio do interior e a garda civil os seus compañeiros e compañeiras. A sr. Zoila Paz que dixo aquello de “... ós do PSOE se os atopades dádelles unhas hostias ou mellor pegádelles uns tiros...”. Si eso o publicáramos outros nas redes sociais o ministerio do interior teríanos inhabilitados ou acusado de apoloxía do terrorísmo; e o Sr. Louzán, presidente do PP en Pontevedra non só non tomou medidas senon que mantén a esta concelleira como persoal de confianza. VIVA A DEMOCRACIA.
Faltarlle o repeto ó ministerio do interior e os corpos e forzas de seguridade do estado en xeral, e a de lavacolla en particular, e a toda a sociedade o seu compañeiro, que o colleron e imputaron por tráfico ilegal de tabaco o igual que por outras débedas que ten coa administración, que si as cumplise o mellor non habría que facer tantos recortes, só hai que bucear no Boletín Oficial da Provincia, e o Sr. Louźan presidente do PP provincial tampouco fixo nada. Este é en resumo a grupo do PP na corporación de A Illa de Arousa e o Sr. Louzán o responsable de que sigan na mesma, e de mantelos eso sí cos cartos de todos.
Por todo isto e moito máis vostedes non só lle tiñan que pedir perdón os corpos e forzas de seguridade do estado senon a toda a sociedade e en particular os veciños e veciñas de a Illa de Arousa e a toda a comarca porque nunca tantos roubos e inseguridade ciudada como agora que governa o PP, pero como dixo o voso gran jefe o Sr. Rajoy, e que nos estamos en total desacordo,”...El que quiera seguridad que se la pague...” Por todo iso Sr.Paula Suárez a IGNORANCIA É ATREVIDA”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Cometa o que queiras, sempre con respeto, e publicaremosche o comentario canto antes.