viernes, 28 de diciembre de 2012

PAVIMENTACIÓN RÚAS REVOLTA E FARO


                   É tal o abandono da Illa de Arousa polo P.P de Feijoo(ainda que agora parece que renega das siglas do seu partido) que aínda que quixésemos obvialo dende o grupo de goberno sería imposible.
                   Alá polo mes de Febreiro(aprox)nos comunicaron dende a Consellería de Medio Rural e Mar que dirixe a Sra,Rosa Quintana,que no Plan Estratégico de Infraestructuras no Medio Rural(PEIM)2021 ao Concello da ILLA de AROUSA lle tocaban 43.883,61 xuros según os parámetros de reparto da Xunta,cabe recordar que a Xunta pon arredor de 14.000 xuros e o Ministerio de Agricultura pon o resto, e se nos pide que lles indiquemos a mayor brevedade posible as obras que se van a realizar xa que pretenden facelas antes do verán.
                   Como non pode ser doutra maneira,o equipo de goberno ponse a traballar e toma a decisión de asfaltar os camiños de a Rúa Revolta e a Rúa do Faro dende o Naval,e así se lle comunica a Consellería.
                   No mes de Marzo os proxectos xa estaban realizados xa que foi este Concelleiro que firma e o encargado de obras, acompañados por un técnico de Medio Rural a ver ditas rúas e medilas para que entrasen no proxecto,como así foi.A finais de mes nos poñemos en contacto coa Xefatura Territorial de Pontevedra e nos informan que está todo ben,listas para contratación e insisten en que durante o verán estarán rematados os traballos.
                   Pasou Marzo,pasou Abril,pasou Maio,Xuño,Xullo,Agosto,Setembro e pasará Outubro e as rúas seguen igual por culpa do cuatrero de Feijoo e do Sr, Juan José González Vázquez que debe de decirlle que na Illa nos invirtan nada e que “canto peor,mellor”.
                
                   Nin que decir ten que estas duas obras son moi importantes xa que son unhas rúas que están bastante deterioradas e unha delas soporta bastante tráfico pesado,si non se fan antes do inverno imos a ter bastantes problemas na capa de rodadura,pero como eses problemas son na Illa ao Sr. Feijoo non lle importan e ao lastre de portavoz que teñen aquí,menos.



ISIDRO GARCÍA GARCÍA,CONCELLEIRO DE OBRAS,SERVICIOS É TRÁFICO.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Cometa o que queiras, sempre con respeto, e publicaremosche o comentario canto antes.