viernes, 28 de diciembre de 2012

DOTACIÓN DE SOLO DE CAUCHO NOS PARQUES INFANTÍS DE A ILLA DE AROUSA

                   No pleno do día 1 de Setembro de 2011, o Partido Popular representado nese punto pola concelleira e número dous,Sra.Paula Suárez González, presentou unha moción para a que solicitaba o voto favorable,a moción decía así:
                   “Dado o estado dalgúns parques infantís do Concello,particularmente os do Regueiro,Laxes e Monte e atendendo as numerosas queixas realizadas de forma continuadas polos veciños(non nos constan ditas queixas) debido a incomodidade e risco(ollo) que supón para os menores,así como aos pais que os acompañan,debido ao tipo de solo existente nestes emprazamentos composto por area ou xabre que resulta totalmente antihigiénico e inapropiado.Pareceríanos lóxico que este aspecto xa se houbese tido en conta nos proxectos técnicos das recentes reformas levadas a cabo”
                   Solicitamos:”Dotación de solo de caucho nos parques infantís antes mencionados”
                   Pois ben,a pesar de non estar seguros o cen por cen(existen informes)de que sexa a mellor superficie,o PSOE votou a favor polo tanto, quedou aprobada a moción sempre que existise financiamento suficiente e por suposto colaboración de outras administracions sin as que sería imposible a execución de ditas reformas.
                   Unha vez comprometidos con este tema,o equipo de goberno ponse a traballar e a buscar financiamento solicitando unha axuda da Xunta de Galicia denegada por que “sí”,pero seguimos traballando e solicitamos outra ,que despois de moito presionar,e fai arredor dun mes nos comunicaron a concesión por un valor de 107000 xuros a os que hai que engadirlle dende o Concello a parte que nos corresponde que veñen a ser uns 45000 xuros.
                   O pasado xoves,celebramos o pleno correspondente ao mes de Novembro,un dos puntos da orde do dia era a modificación de crédito necesaria para poder levar a cabo a instalación do caucho,¿cal foi a sorpresa?Pois que o P.P non votou a favor, deixando patente a falta de compromiso e interés polos rapaces/as que utilizan ditos parques.
                   Non sei si existe algún Concello donde,primeiro se solicita unha obra e despois non se vota a favor de facela,isto é o que fai o P.p da Illa de Arousa,primeiro collen a entrada pàra ir a o cine e logo,para “joder” a taquillera non entran...
                   É tal a desvergoña e a caradura que teñen,que non sei para que presentan mocions o pleno si despois non as van a apoiar,ou será,como nos creemos por certo, que contaban con que non nos concederan a subvención,e como lle gusta decir a o LASTRE do seu portavoz;quedaron coa brocha na man e sen escaleira...
                   Solo queremos que todos os veciños/as saiban que o P.P da Illa non apoiou a instalación de solo de caucho nos parque infantís por que non existe ningún tipo de compromiso desta xente coa ILLA DE AROUSA.
                   A o seu pesar,ímolo instalar nos parques do Regueiro,Laxes e Monte.

ISIDRO GARCÍA GARCÍA.CONCELLEIRO DE OBRAS,SERVICIOS E TRÁFICO

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Cometa o que queiras, sempre con respeto, e publicaremosche o comentario canto antes.