viernes, 28 de diciembre de 2012

PLAN DE EMERXENCIA CONTRA-INCENDIOS E DE EVACUACIÓN NO COLEXIO PÚBLICO TORRE-ILLA.


                   O Concello da Illa de Arousa está a elaborar un Plan de Emergencia e evacuación no Colexio Público Torre-Illa en colaboración co Consello Escolar e coa inestimable axuda da Dirección do centro,encabezada polo seu Director D.Carlos Lorenzo Pérez.

                   Pese a seguir as directrices pnrincipais do Manual de Autoprotección,este Plan tívose que adaptar ás características especiais do CEIP Torre-Illa ó estar fragmentada a actividade  en edificios independentes.Tendo en conta a novidade que isto supón,deberá pasar unha proba de funcionamento,que se producirá ó realizar o primeiro simulacro de Evacuación.

                   A Dirección do Colexio encargarase da posta en funcionamento deste Plan de Autoprotección e de que se realicen as actuacións anuais,necesarias e imprescindibles para a súa eficacia.

                   O Concello da ILLA de AROUSA vai investir mais de 15000 xuros en poñer en marcha dito Plan de Emergencia repartidos da seguinte maneira:
                   *-Redacción do Plan de Evacuación e Autoprotección.
                   *-Conectar as bocas de incendio existentes e colocar 4 a mayores levando unha nova liña dende a Rúa Cabodeiro.
                   *-Dotar as portas que o necesiten dos distintos edificios de “sistemas
                      antipático”.
                   *-Reemplazo das luces de emergencia.
                   *-Colocar sinaléptica e planos de evacuación en tódalas plantas.
                   *-Instalación de extintores donde sexa necesario.

                   É esta, outra proba mais que evidente do que nos preocupa a educación ao goberno municipal da Illa de Arousa facendo unha inversión moi importante e ao mesmo tempo necesaria,outros como o P.P da ILLA encabezado polo lastre do seu portavoz, apoian que o seu partido en Santiago rexeite a ampliación tan demandada do CEIP, se poñan na contra de pais e nais nas demandas lexítimas do IES da ILLA,aumenten o número de alumnos por aula,disminución de mestres,disminución de becas para o estudo dos nosos fillos,etc.

ISIDRO GARCIA GARCIA.CONCELLEIRO DE SERVICIOS,OBRAS E TRÁFICO.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Cometa o que queiras, sempre con respeto, e publicaremosche o comentario canto antes.