viernes, 28 de diciembre de 2012

A ATENCIÓN DE DOÑA ZOILA PAZ

                   Estiven pensando si merecía a pena contestarlle a vostede por unha recente nota de prensa do P.P. da Illa que levaba a súa firma,non o tiña claro,xa que o meu pensamento era que cando os seus compañeiros de partido a relegaron do posto 2 ao posto 4 na lista das municipais por algo sería,e pouco a pouco imos sabendo por qué,todo se andará,pero aínda así penso que debo contestarlle para aclarar algunhas cuestions.
                   Eu non vou a insultala de ninguha maneira, como por certo fai vostede con frecuencia(non somos todos iguais),recórdolle que nas pasadas eleccions municipais animaba a os seus compañeiros a que nos” pegasen catro tiros” si nos topaban pegando carteis. A min os seus insultos(inepto,ignorante,bulto,etc..)non me afectan demasiado por que veñen dunha persoa que descoñece os problemas que ten a xente da ILLA xa que vostede non vive na ILLA,polo tanto,ten o mérito que ten.
                   Prefiero ser un bulto no salón de plenos e non cobrar,que estar abultando como Directora do Principe Felipe e cobrar case 60.000 euros como fixo vostede durante varios anos sen que se lle sepa de ningún mérito,e aínda así,parece ser que lle concederon un piso de protección oficial en Ribadumia,que curioso,eu entrei en política para botar unha man dentro da miña ignorancia,con un coche blanco e unha moto e ireime da política con un coche blanco e unha moto,non sei si vostede pode decir o mesmo,o dudo moito.
                   O respeto da reparación das aceras da Avda. da Ponte habría moito que discutir si lle pertenece ao concello ou non,nós imolas arranxar de igual maneira,e de paso, recórdolle a vostede(verá que a trato con educación)que para que haia aceras os veciños teñen que ceder os terreos e xa que lle preocupan tanto podía convencer a sua compañeira concejal para que os ceda(vergoña debería darlle)na Carretera da Franqueira,na que o Sr, Louzán nos SISOU a os veciños da ILLA case 120.000 euros,iso non lle acorda a vostede,pero non hai mais cego que o que non quer ver…
                   Agradézcolle,Sra concelleira,os insultos que me profire,xa que,danme aínda mais gañas e forza para seguir traballando polos veciños da Illa sen recibir nada a cambio mais que a satisfacción do traballo feito,vostede xamais o poderá decir,nunca..
                   Sen mais e,insisto,agradecéndolle a atención que me presta vostede,reciba un cordial saúdo.


ISIDRO GARCIA GARCIA.CONCELLEIRO DE OBRAS,SERVICIOS E TRÁFICO.    

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Cometa o que queiras, sempre con respeto, e publicaremosche o comentario canto antes.