Dende o seu comenzo,o Concelo
da Illa ven asistindo as reunions que se veñen levando a cabo na Deputación de
Pontevedra o respeto da creación do chamado Consorcio Provincial da Recollida
de Lixo,nun primeiro momento ata nos puido parecer interesante nalgúns
puntos,pero canto mais nos imos aproximando o que parece ser o comenzo da
actividade de dito Consorcio,menos interesados estamos,tanto é así que case con
toda seguridade non nos imos a adherir,e explico:
1)Estamos en contra de que os Concellos perdan as suas competencias a
favor de outras administracions,e moito menos da Deputación,o que firma pensa
que deberian desaparecer.
2)Nun principio todo ian ser vantaxes,económicas,de reciclaxe,do mesmo
servicio,etc...Para o Concello da Illa sería xusto o contrario xa que o
servicio está moi centralizado,funciona correctamente(mellor que vai
funcionar)i cos novos contratos que se están afacer(envases,punto
limpo,cartón,etc)non será necesario tocarlle a taxa do lixo,xa que imos a
cubrir o coste.
3)Estase a falar dun recibo que oscila entre os 60 e 80 xuros,na Illa xa
estamos nesa horquilla¿cal é a vantaxe?Que quede claro que penso que subirá dos
80 xuros,o tempo o dirá.O Concello da Illa non ten por que pagar o recibo de
alguns que presumen de que non pagaban o lixo ou de outros que teñen unha taxa
a todas luces ridículas e non teñen o que hai que ter para actualizala por si
mesmos.
4)Con esta medida vaise a votar moita xente ao paro xa que se pretende
centralizar o servicio en moi poucas empresas(eles sabrán en cales) e o resto
terán que pechar.
5)A
reciclaxe.Nun primeiro momento se dixo que se ian premiar a os Concellos que
mais reciclaran,como debe ser por certo,agora xa non se escoita nada deste tema
o que nos parece unha falta de compromiso sangrante co medio ambiente.
Na Illa de Arousa levamos moitos anos apostando firmemente
pola reciclaxe de todo tipo para a recuperación na medida do posible do medio
ambiente e de paso baixar a factura de Sogama,e poño exemplos:
a)Vidrio.A media galega de reciclaxe de vidrio ronda os 13 ou 14
kilos/hab/ano, na Illa estamos en 26 kgs/hab/ano,o doble...
b)Cartón.Acabamos de firmar un novo contrato i está a funcionar moi ben.
A media galega kgs/hab/ano está en 14,5 ,na Illa pensamos
chegar a os 16 kgs, por riba...
c)Envases lixeiros.A media galega está en 9,7 kgs/hab/ano e a de
residuos impropios que van ao colector amarelo está nun 29,5%.Na Illa non temos
penalización por impropios e a media/kgs/hab/ano está en 26,7 kgs/hab/ano,o
triple...
d).
Punto limpo.Firmouse recentemente un novo contrato rebaixando considerablemente
a contía e sendo esta asumible para o Concello.Este é un servicio do que nos
sentimos moi orgullosos e é gratuito...
e)Aceite de uso doméstico.Non temos datos a nivel galego,pero na
recollida de aceites que se está a facer na provincia de Pontevedra,a Illa é o
Concello que mais recicla /hab con moita diferencia.
f)Bolsa
negra.A media galega kgs/hab/dia está arredor dun 1,5 kgs, na Illa estamos en
1,1 kgs.
g)Compostaxe.A Illa foi e é un Concello pioneiro na compostaxe en
Galicia,na actualidade existen mais de 400 composteiros funcionando polos que
se descontan 6 xuros por cada un no recibo do lixo.Non se trata de presumir
pero de destacar que o noso pobo non ia gañar absolutamente o contrario,cando
se fai un cambio faise para mellorar e este non é o caso.
6)Neste punto compre decir que outro dos motivos polos que decimos que
non ,é que non nos fiamos do Presidente da Deputación,Sr.Louzán para levar a
cabo este tema entre outros motivos(hai varios) por que é concelleiro dun
Concello no que o servicio é claramente DEFICITARIO dende hai anos, e pretender
dar clases de cómo o temos que facer os demais dende esa situación non nos
merece ningunha confianza.
ISIDRO GARCIA GARCIA.CONCELLEIRO DE OBRAS,SERVICIOS E
TRÁFICO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Cometa o que queiras, sempre con respeto, e publicaremosche o comentario canto antes.