viernes, 28 de diciembre de 2012

FALLA DE POLÍTICA TURÍSTICA E O ESCÁNDALO DAS POUSADAS DO SR. LOUZÁN



“... El parador nacional de Albariño entra en servicio para dar un nuevo impulso a una zona en vias de desarrollo. Esperemos que se convierta pronto en emporio de primera categoría..” ( Manuel Fraga Iribarne, Ministro de Información y Turismo, ABC 24 de Mayo de 1.966)

Hoxe os “herdeiros” do fundador do PP queren enterrar a súa obra. Evidente, non existe unha política turística en Galicia, por non ter non ten nin nome nen apelidos en ningunha consellería da Xunta de Galicia e para rematala a Deputación provincial de Pontevedra, presidida por un veciño da comarca do Salnés, o Sr. Rafael Louzán, non só carece de política turística cuns obxetivos claros para a provincia e de apoio a un sector estratéxico como é o sector turístico para a nosa economía q ue como todos esta atravesando unha profunda crisi onde os distintos establecementos para facer fronte os custes toman decisións tan drástricas como pechar durante varios meses debido a caida importante na ocupación dos mesmos, senon que ademáis co diñeiro público, case 15 millóns de euros, atrévese a facer competencia desleal a un sector turístico como antes dixen estratéxico na nosa economía coa construcción de catro pousadas ( 25camas cada unha) para entregarlla de forma caciquil a unha empresa para que acabe cos empresarios turísticos do salnés e en segundo lugar o Estado con Paradores.

Esta sin razón, é o que a cidadanía non entende, que as distintas administracións – Estado, Xunta, Deputación- non só non colaboren evitando duplicidades senon que compitan entre ellas despilfarrando o diñeiro público, creando mais desemprego, ( despidos e cerres en paradores) mais de 13.400 parados no salnés e case que 110.000 na provincia de Pontevedra, e miseria. Estos aladies da Austeridade a quen lle queren dar leccións, como o Sr. Louzán que pechou o ano 2.011 incumplindo a estabilidade orzamentaria cun DÉFICIT de case que 30. millóns de euros, si leeron ben, 30 MILLÓNS DE EUROS, según os datos da propia Deputación que provocaron que a Consellería de Facenda e a propia deputación estiveran medio ano ocupadas discutindo o cumplimento dun plan de saneamento económico o que a Xunta de Galicia obligou elaborar a deputación neste 2.012, en vez de ocuparse dos problemas da cidadanía.

O Sr Rafael Louzán non contento con empobrecer a todos e todas as pontevedresas e pontevedreses por gastar e derrochar por riba das súas posibilidades, como escribia anteriormente permitiuse o luxo de gastar case que 15 millóns de euros na construcción das catro pousadas ( 25 camas cada unha). As xentes do sector turístico saben mellor que un cantas camas fan falla para que un establecemento hotelero sexa rentable, por iso intúese que lle daran as 100 camas a unha única empresa e mandarán as xentes apuntarse a determinados concellos como tristemente nos teñen acostumados, tempo o tempo e cada quen que saque as súas conclusións... ¿ Que sinerxias non xeneraría este diñeiro invertido con criterio e de dacordo co sector turístico xerando economías de escala e máis nun momento tan difícil como no que nos atopamos.

Como re unha pancarta na manifestación dos traballadores do Parador do Albariño en Cambados “.... Se fue Don Manuel y vinieron los hEREjes...”

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Cometa o que queiras, sempre con respeto, e publicaremosche o comentario canto antes.