O
Concello da ILLA DE AROUSA está a levar a cabo a limpeza da mediana que separa
o mal chamado “carrilbici” da Nova estrada ao Porto do Xufre.
Despois de varias e inútiles xuntanzas entre o xá exsuperdelegado
territorial Sr.Cores Tourís e o Alcalde da AROUSA para tratar varios temas,entre
eles, o mantenemento das duas rotondas e da mediana da estrada ao porto do Xufre
de titularidade autonómica,insisto, de responsabilidade do cuatrero Presidente
da Xunta de Galicia,e vendo o resultado das mesmas que se resume en desbrozar
de calquer maneira,o Concello,a través do departamento de obras,está a levar a
cabo a limpeza manualmente de dita mediana,que, según parece ,se lle olvidou ao
cesado Sr,Tourís,e como na Illa non ten quen llo recorde do seu
partido,recordámosllo dende o equipo de goberno.
Na
última xuntanza,o Sr.delegado da Xunta en Pontevedra dixo que se iban a
adecentar as rotondas e a mediana,a que,por certo, lle faltan 22 tapas de
arqueta das que solo queda o recordo de que algún dia estiveron alí xa que solo
están os 22 buracos,co peligro que conleva,sin que se lles vexa a menor
intención de repoñelas o igual que as prantas que faltan case dende o primeiro
día.
Dende o Concello e a pesar de que non é a nosa responsabilidade,se está
a facer a limpeza por que nos dá vergoña ayea que a xente que pasa por alí vexa
semellante esperpento.
Esta é outra demostración do abandono da Xunta do P.P. con este pobo e é
tamén un motivo de premio para o Sr.Tourís e para o portavoz popular da Illa o
que lle molestan uns baches e presenta unha moción o pleno pero non lle importa
o quinteiro que ves cando chegas a AROUSA e que é da sua responsabilidade,iso non
lle preocupa,como tampouco lle preocupan os verdadeiros problemas dos nosos veciños,ampliación
do colexio Torre,centro de saúde,solución aos problemas do instituto,entrada e
saída da Illa polo Xufre,etc,etc.
ISIDRO GARCIA GARCIA.CONCELLEIRO DE OBRAS,SERVICIOS E
TRÁFICO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Cometa o que queiras, sempre con respeto, e publicaremosche o comentario canto antes.