“... El parador nacional de Albariño
entra en servicio para dar un nuevo impulso a una zona en vias de
desarrollo. Esperemos que se convierta pronto en emporio de primera
categoría..” ( Manuel Fraga Iribarne, Ministro de Información y
Turismo, ABC 24 de Mayo de 1.966)
Hoxe os “herdeiros” do fundador
do PP queren enterrar a súa obra. Evidente, non existe unha política
turística en Galicia, por non ter non ten nin nome nen apelidos en
ningunha consellería da Xunta de Galicia e para rematala a
Deputación provincial de Pontevedra, presidida por un veciño da
comarca do Salnés, o Sr. Rafael Louzán, non só carece de política
turística cuns obxetivos claros para a provincia e de apoio a un
sector estratéxico como é o sector turístico para a nosa economía
q ue como todos esta atravesando unha profunda crisi onde os
distintos establecementos para facer fronte os custes toman decisións
tan drástricas como pechar durante varios meses debido a caida
importante na ocupación dos mesmos, senon que ademáis co diñeiro
público, case 15 millóns de euros, atrévese a facer competencia
desleal a un sector turístico como antes dixen estratéxico na nosa
economía coa construcción de catro pousadas ( 25camas cada unha)
para entregarlla de forma caciquil a unha empresa para que acabe cos
empresarios turísticos do salnés e en segundo lugar o Estado con
Paradores.
Esta sin razón, é o que a
cidadanía non entende, que as distintas administracións – Estado,
Xunta, Deputación- non só non colaboren evitando duplicidades senon
que compitan entre ellas despilfarrando o diñeiro público, creando
mais desemprego, ( despidos e cerres en paradores) mais de 13.400
parados no salnés e case que 110.000 na provincia de Pontevedra, e
miseria. Estos aladies da Austeridade a quen lle queren dar leccións,
como o Sr. Louzán que pechou o ano 2.011 incumplindo a estabilidade
orzamentaria cun DÉFICIT de case que 30. millóns de euros, si
leeron ben, 30 MILLÓNS DE EUROS, según os datos da propia
Deputación que provocaron que a Consellería de Facenda e a propia
deputación estiveran medio ano ocupadas discutindo o cumplimento dun
plan de saneamento económico o que a Xunta de Galicia obligou
elaborar a deputación neste 2.012, en vez de ocuparse dos problemas
da cidadanía.
O Sr Rafael Louzán non contento con
empobrecer a todos e todas as pontevedresas e pontevedreses por
gastar e derrochar por riba das súas posibilidades, como escribia
anteriormente permitiuse o luxo de gastar case que 15 millóns de
euros na construcción das catro pousadas ( 25 camas cada unha). As
xentes do sector turístico saben mellor que un cantas camas fan
falla para que un establecemento hotelero sexa rentable, por iso
intúese que lle daran as 100 camas a unha única empresa e mandarán
as xentes apuntarse a determinados concellos como tristemente nos
teñen acostumados, tempo o tempo e cada quen que saque as súas
conclusións... ¿ Que sinerxias non xeneraría este diñeiro
invertido con criterio e de dacordo co sector turístico xerando
economías de escala e máis nun momento tan difícil como no que nos
atopamos.
Como re unha pancarta na
manifestación dos traballadores do Parador do Albariño en Cambados
“.... Se fue Don Manuel y vinieron los hEREjes...”