A Galescola outra infraestructura necesaria para os veciños da Illa e acadada no ano 2008 polo Partido Socialista.
GALESCOLA DE A ILLA DE AROUSA. INAUGURADA NO ANO 2.008. TOTAL ORZAMENTO 969.339,34 EUROS.
viernes, 20 de mayo de 2011
Entrevista a Manuel Vazquez candidato polo PSdeG-PSOE a alcaldia de A Illa
Fonte Faro de Vigo - Entrevista completa
Manuel Vázquez naceu en novembro de 1972 e con 26 años converteuse no primeiro alcalde saído das urnas no municipio creado en 1997. As súas costas ten tres mandatos como rexedor, dous en minoría e un con maioría absoluta. Nestas eleccións apostou por unha importante renovación na súa lista.
jueves, 19 de mayo de 2011
Inicio das obras da Nova Senda entre As Rubas e o Faro
Fotos do inicio das obras da nova senda que percorrera a costa norte da Illa de Arousa.
miércoles, 18 de mayo de 2011
Unha Illa para as persoas. Videos da candidatura.
Un repaso en vídeo de todo o alcanzado pola Illa de Arousa desde antes de ter un concello propio ata a época actual.
Por todo o feito e por todo o que nos queda por acadar
VOTA PSdeG-PSOE
lunes, 16 de mayo de 2011
Cea-Mitin do PSdeG-PSOE

Recordarlle as todas as persoas interesadas en asistir os seguintes datos:
Lugar: Braseria A Salga
Hora: 22:00
Prezo: 10€
Se desexas acudir, podes porte en contacto con nos vía Facebook, ou preguntado por Lucita na Sede do PSOE na Illa.
Os Candidatos saen as ruas.
Este pasado Sábado pola mañá os candidatos do PSdeG-PSOE erguéronse cedo e cheos de animo para percorrer as rúas da Illa de Arousa.
Como característica de Socialistas que son, falaron con todos os veciños e veciñas que se prestaron a elo, e leváronlle a súa casa o programa electoral no que se refrexan non so as propostas para os vindeiros anos de goberno, se non todo o acadado nestes anos nos que o Partido Socialista gobernou na Illa de Arousa.
Senda costeira. Un paseo dende as Rubas ata o faro de Punta Cabalo.
A obra consiste na construción dunha senda que partindo da zona norte do casco urbano de A Illa de Arousa, vai a permitir percorrer o borde costeiro ata o Faro de Punta Cabalo. O trazado, na súa primeira parte, aproveitará un sendeiro xa preexistente, procedendo á súa remodelación e mellora, sendo de trazado novo na parte mais próxima ó faro, que descorre a través dunha zona de monte con eucaliptos.
A senda terá un ancho de 3 metros nas zonas de xabre e de 2 metros naqueles tramos nos que haxa que utilizar madeira (fundamentalmente para salvar desniveis do terreno), con unha lonxitude total de 1.100 metros (aproximadamente 900 metros en xabre e 200 en madeira).
O investimento total da obra ascende a 170.000€, e vai a ser executada pola empresa MATINSA con cargo ó programa de OBRAS DE CONSERVACIÓN Y REPOSICIÓN DEL LITORAL EN LA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 2009-2011.
Esta obra intégrase dentro dun proxecto global de construción dunha senda que rodea toda a Illa de Arousa, proxecto do que tamén no pasado verán se puxo en servizo outro tramo entre a praia do Vao e á entrada do Parque do Carreirón que supuxo un investimento de 651.772€.

Pulsa nas imaxes para velas mais grandes.
Programa Electoral PSdeG-PSOE A Illa de Arousa
En este enlace poderedes leer o programa electoral do PSdeG-PSOE de A Illa de Arousa:
Para que a xente xove se informe e para que os non tan mozos o recorden, queremos facer un breve recordatorio do que éramos e do que somos.
Mitin do PSOE en A Illa de Arousa
O pasado venres a noite no Auditorio Municipal de A Illa de Arousa rexistrouse un cheo total de veciños e veciñas apoiando a candidatura do PSdeG-PSOE de A Illa de Arousa as Eleccions Municipais do vindeiro 22 de Maio.
viernes, 13 de mayo de 2011
HOXE MITIN DO PSdG-PSOE DA ILLA DE AROUSA
Suscribirse a:
Entradas (Atom)