A obra consiste na construción dunha senda que partindo da zona norte do casco urbano de A Illa de Arousa, vai a permitir percorrer o borde costeiro ata o Faro de Punta Cabalo. O trazado, na súa primeira parte, aproveitará un sendeiro xa preexistente, procedendo á súa remodelación e mellora, sendo de trazado novo na parte mais próxima ó faro, que descorre a través dunha zona de monte con eucaliptos.
A senda terá un ancho de 3 metros nas zonas de xabre e de 2 metros naqueles tramos nos que haxa que utilizar madeira (fundamentalmente para salvar desniveis do terreno), con unha lonxitude total de 1.100 metros (aproximadamente 900 metros en xabre e 200 en madeira).
O investimento total da obra ascende a 170.000€, e vai a ser executada pola empresa MATINSA con cargo ó programa de OBRAS DE CONSERVACIÓN Y REPOSICIÓN DEL LITORAL EN LA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 2009-2011.
Esta obra intégrase dentro dun proxecto global de construción dunha senda que rodea toda a Illa de Arousa, proxecto do que tamén no pasado verán se puxo en servizo outro tramo entre a praia do Vao e á entrada do Parque do Carreirón que supuxo un investimento de 651.772€.

Pulsa nas imaxes para velas mais grandes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Cometa o que queiras, sempre con respeto, e publicaremosche o comentario canto antes.