jueves, 10 de noviembre de 2011

Manel Vázquez asegura que España non está intervida como Portugal grazas os socialistas

Manel Vázquez asegurou no mitin de Ribadumia que grazas os socialistas e a deputados como Domingo Tabuyo, que se atopaba no mitin, se parou a posible intervención de España como ocurriu en Portugal. “A dereita portuguesa chegou a gobernar o país asegurando que non ían a ser intervidos e o final tras gañar as eleccións fixeron todo o contrario. Conxelaron as pensións, retiraron as pagas extras e subiron os impostos”, sinalou Vázquez.
O candidato socialista da comarca de Arousa recordou as actuacións que
está a levar o Partido Popular en Galicia, da man de Nuñez Feijoo, con recortes en sanidade, educación e servizos sociais, “como os recortes do 80% que estamos a sufrir os concellos para axudas de benestar”.
Mentres a Xunta obriga a pagar pola renovación da tarxeta sanitaria a “señora Pastor, candidata do PP na provincia, din que eso non pode ser.
E unha hipócrita ao criticar unha medida do PP que esconde o principio do copago sanitario”.
Pola súa parte, o secretario xeral provincial do PSdeG-PSOE, Modesto Pose, coincidiu con Manel Vázquez, en que os socialistas gobernarán, non moi lonxe no tempo o concello de Ribadumia.
Pose mantivo tamén que o Partido Popular acusa os socialistas de derrochar o diñeiro público, pero a realidade é que os verdadeiros en gastar sen control son os populares. “Aí están os exemplos como os da cidade da cultura. Onde Feijoo como vicepresidente de Fraga gastou 800 millóns e agora decide parala”.
Outros exemplos do derroche dos populares son o porto exterior de A Coruña ou os novos hospitais de Vigo e de Pontevedra. “Só en Vigo van
pagar máis de 1.500 millóns de euros en trinta anos nun hospital que costa máis de catro veces o que suporía facelo directamente pola propia administración”, asegurou Pose.
Precisamente, Manel Vázquez puxo o exemplo do que fai o PP. “Din que non van subir os impostos durante a campaña e despois os souben as taxas o 100%, para pagar os asesores que contratan para ter un despacho como no caso de Ribadumia”, sinalou o candidato socialista.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Cometa o que queiras, sempre con respeto, e publicaremosche o comentario canto antes.