lunes, 14 de noviembre de 2011

Carmela Silva: "E un escándalo o que fai a dereita neste país"

A candidata o Congreso pola provincia, Carmela SIlva, manifestou onte na cea-mitin de Redondela "que é un escándalo o que fai a dereita neste país". Silva referiuse os recortes que están a facer en todas as comunidades autónomas gobernadas polo Partido Popular, poñendo como exemplo o que fai a señora Farjas e o señor Feijoo en Galicia co pago pola renovación da tarxeta sanitaria ou co o que eles consideren un mal uso da sanidade. "¿Quen vai decidir -se preguntou a candidata- qué é un mal uso da sanidade? A señora Farjas e señor Feijoo. Esto só esconde un inicio de privatización da sanidade en Galicia".
Silva afirmou que esa "señora que está colgada por toda a provincia" so fala de crear emprego, dinamizar a economía e generar confianza, as tres claves das súas propostas que non son "máis que palabras vacías". A realidade é que o Partido Popular so vanlle reducir os impostos a aqueles que teñen rentas de capital "que dende logo, non son os traballadores".
A candidata socialista arremeteu tamén co compromiso de Ana Pastor e Mariano Rajoy con Redondela e con toda a provincia de Pontevedra. "Mentras temos un candidato socialista comprometido con este país, enfrente temos a un Rajoy, que foi ministro de todo e incluso vicepresidente, e non se lle recorda ningunha obra en toda a provincia. Porque non fixo nada  durante os oito anos que estivo no goberno". Carmela Silva animou a todos os militantes de Redondela a saír a rúa e animar os indicisos a votar.
Pola súa banda, o secretario xeral da provincia, Modesto Pose, referiuse aos populares que presumen de ser os máis austeros. "O señor Louzán, no Parlamento de Galicia, falou de austeridade, cando él ten unha débeda na Deputación de 130 millóns cun orzamento de 140 millóns. ¿Cómo poden falar de austeridade cando están empeñados todo o posible?".
Pose referiuse tamén a Louzán por catalogarse como un político transparante na súa xestión da Deputación pontevedresa. "Se Louzán é transparente, casi prefería que fose un pouco maís opaco".

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Cometa o que queiras, sempre con respeto, e publicaremosche o comentario canto antes.