lunes, 25 de junio de 2012

O PORTO DO XUFRE



                                              O PORTO DO XUFRE


                   Nunca recente nota de prensa o PP da ILLA por medio do seu portavoz municipal ,Juan José González Vázquez “agradece” o esforzo que está a facer a Xunta para levar a cabo actuacions no Porto da Illa e destaca tamén que invirteu ata o de agora sete(7) millons de euros en varias infraestructuras que eu non vou a enumerar por que teño mais vergoña que o lider do PP......(algunhas das que cita deben ser de cando Galicia tivo a autonomia).

                   Sete (7) millons de euros,nin mais nin menos,debo reconocer que o meu forte non son os números pero está claro que a o Sr.Portavoz tampouco se lle dan moi ben que digamos,o que sí semella que se lle da de cine é mentir e ocultar datos.

                   En case tres(3) anos de goberno do Sr.Feijoo, as actuacions levadas a cabo no Porto do Xufre resúmense en un “váter”,nin mais nin menos,dende que Feijoo e Presidente de “todos” os galegos temos un “váter” no Porto do Xufre e o Sr.González Vázquez nin tan sequera se pon encarnado de vergoña.

                   O PP da Illa ten pouca memoria ,pero para iso están as hemerotecas,en Outubro de 2009 desembarcou a Conselleira na Illa para vendernos fume,”Non mais aló do 2012 o sector profesional da pesca da ILLA terá un porto que será a envexa da ría”decía Rosa Quintana,non sei si se refería ao WC por que senón é así,minteu igual que o Sr.González.
                   O 28-1-2010 as 12:00 horas no IGAFA,voveu a vendernos fume outra vez”levamos toda a vida esperando polo porto”decia o anterior Patrón Mayor ,e seguimos esperando e recibindo unha trampa detrás de outra,ian cambiar a lonxa de sitio,ian poñer pantalans para os bateeiros,etc,e fixeron,insisto,un retrete e non digo que non sexa necesario,pero e o que se fixo.

Sr,portavoz,é indispensable que todos os que formamos parte da corporación sexamos esixentes coa Xunta polo ben do noso pobo e non condescendientes como amosa ser vostede e o seu grupo municipal por que senón é así non conseguiremos nin sequera que pinten os pasos de peons por que serán “costosísimos” como di o Sr. Durán,Presidente de Portos de Galicia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Cometa o que queiras, sempre con respeto, e publicaremosche o comentario canto antes.