lunes, 25 de junio de 2012

CAMPO DE FUTBOL


NOTA DE PRENSA


CONCELLO DA ILLA DE AROUSA


Fai xa algún tempo que vimos observando o deterioro total das obras feitas no Campo de Futbol de Testos  é convinte poñelo en coñecemento dos veciños da Illa.
En dias atrás foi o Alcalde o que deu a voz de alarma sobre o estado do Campo de Fútbol mandando unha carta acompañada de unhas cantas fotos ao Presidente da Deputación de Pontevedra dado que existen unhas deficiencias importates nuhas obras inaguradas en Novembro de 2007 e que literalmente se “caen a cachos”.


Estas deficiencias,tales como,que nos vestiarios cando chove hai que entrar con botas xa que meten auga como si estiveran feitos de mimbre,que o valado feito de ferro sen tratar está nunhas condicions pésimas e incluso que na grada cuberta os dias que chove non se poida estar debaixo dela xa que, mais ou menos acabas tan mollado como fora,están producidas por que as obras non quedaron como deberián,digo mais,da a impresión de que os materiais utilizados non foron nin os mais adecuados nin os óptimos,ben a vista está.

Entendo, pola parte que me toca, que cando un fai unha obra intenta que quede o mellor posible(non quero pensar mal),pero tamén e verdade que existe responsabilidade tanto do que a contrata como de quen a realiza xa que estamos a falar dunha obra que ten catro(4) anos e pico.

Pido entón, como Concelleiro de Obras do Concello da ILLA DE AROUSA que a Deputación tome as medidas oportunas que deba tomar para arranxar o estropicio feito e inagurado en Novembro de 2007 xa que o Venres dia 16 de Decembro unha parte de valla de peche do campo que está destrozada , incluso “caeu o chan”(ver foto)  o resto cairá tamén podendo causar algún dano personal.

ISIDRO GARCIA GARCIA.CONCELLEIRO DE OBRAS,SERVICIOS E TRAFICO

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Cometa o que queiras, sempre con respeto, e publicaremosche o comentario canto antes.