EDUCACION,DE CALIDADE?
Si hai algo verdadeiramente importante
para un/a neno/a é poder ter unha boa educación
,para o qué son necesarias,como
mínimo,un par de cuestions:UNHA,ter uhns bos profesionales da
enseñanza,que os temos,(ainda que no IES os pretenden
quitar)e DUAS,ter unhas instalacions dignas ,donde os mestres poidan
ensinar a os nosos fillos/as,nas que estamos tendo continuos
problemas e moitos deles,GRAVES,sen que a conselleria de educación
mova nin tan sequera un dedo.
Fai uns dias, era o Alcalde o
que se queixaba con razón do problema que existe na ILLA con respeto
da falta de aulas para que os rapaces/as poidan asistir a clase.
Dende o concello, nos vemos na obriga de ceder a
aula dedicada a ludoteca e na que o Concello invirteu unha cantidade
moi importante de cartos,pero non a cedemos por que a Xunta o
pide,senón por que a nosa vergoña non nos permite esperar a que o”
SIR” Conselleiro,ou delegado se rebaixe a solicitar unha
aula que seguramente non é a adecuada para que os nosos mestres
impartan clase a os nosos nenos/as.
Pero agora resulta, que seguen sen
chegar as aulas,e nos vemos obrigados dende o Concello a adecentar un
almacén no que nos chamamos “Pabellón de 5º “para que os
mestres poidan impartir unha clase de Audición e Lenguaje ,na cual,
incluso terá que asistir algún rapaz con problemas de motricidade.
Di o delegado que non é un almacén,que
é un local donde se almacenaban algúns materiais,…ai que
fastidiarse, agora resulta que un lugar donde se almacenan todo tipo
de cousas non é un almacen,e para iso ser delegado de educación.
Quero que quede meridianamente claro
que dende o Concello imos a facer todo o que esté nas nosas mans
para que o Colexio de A ILLA DE AROUSA esté en condicions de
recibir aos nosos fillos,pero tamén debemos poñer en coñecenento
dos nosos veciños e da opinión pública en xeral, en que estado
está o colexio sen que a Educación lle importe nada mais que
cargarse o noso idioma.
Non sabemos canto tempo mais imos ter
que aguantar os ataques desmesurados do conselleiro Xesús Vázquez a
educación pública galega pero mentres tanto na ILLA imos loitar por
ter unhas instalacions decentes e que estén preparadas para a
cantidade de nenos matriculados,pero tamén é certo que si imos ter
unhas instalacions e nos quitan mestres…
E a todo esto ¿saben os veciños da
ILLA donde están os concelleiros do P.P.?Eu llo direi,aos Srs. do
Partido popular da ILLA non lles interesan os problemas que teñen os
nosos rapaces por qué é o que lle mandan dende Santiago.De todas
formas xa casi non nos estraña por que o P.popular,NIN ESTA NIN SE
LLE ESPERA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Cometa o que queiras, sempre con respeto, e publicaremosche o comentario canto antes.