martes, 26 de junio de 2012

PRESUNTA MACROFESTA TECNO NAS INMEDIACIONS DE CARREIRÓN


         PRESUNTA MACROFESTA TECNO NAS INMEDIACIONS DE CARREIRÓN

                             Pregunta o PP de A Illa nas redes sociais o seguinte:¿Crees que o PSOE da Arousa debería permitir a festa que se ten previsto facer nas inmediacions de Carreirón?
                             Outra vez lles traizoa o subconsciente,non é o PSOE da Arousa,é o grupo de goberno de A Illa de Arousa,por moito que lles pese, e a min soio pronunciar a palabra Carreirón póñenseme os pelos de punta.
                       
                             A resposta a tal pregunta por parte do PP de A Illa é escalofriante, decindo que a actitude do equipo de goberno é DICTATORIAL.

                             Estamos a falar Srs.do PP de A Illa dunha presunta festa sin ningún tipo de permiso,(somos uns dictadores)estamos a falar Srs. do PP de A Illa de que o ano pasado,a pesar de non ter permiso,quedou toda a zona absolutamente chea de basura(somos uns dictadores),estamos a falar de unha presunta macrofesta tecno nas inmediacions duns campings donde hai varias excursions de rapaces menores de idade(somos uns dictadores) ou de que a presunta festa está organizada por non se sabe moi ben quen(somos uns dictadores)i estamos a falar Srs.do PP da Illa dunha presunta macrofesta tecno nas inmediacions do parque natural do Carreirón,nin mais nin menos que en Carreirón,¿Cómo se pode cair tan baixo Srs. do PP? vostedes  non respetan nin Carreirón con tal de intentar rapiñar dous votos.
                    
                             Pero non solo é Carreirón,Srs,do P P (tamén se vixiarán zonas como Gradín,etc.),o ano pasado  aparte de que quedou todo feito un asco e cheo de basura,aparte do peligro que correu o Parque Natural,houbo rapaces que asistiron,que nos informaron de forma extraoficial que hubo trapicheos de todo tipo de sustancias prohibidas e terribles para a saúde,penso que todos sabemos de que falaban.

                             ¿E isto o que vostedes queren permitir?,¿E esta a educación de calidade que pretende o PP de A Illa?,¿E esta a educación que ensinan vostedes nos centros nos que tendes cargos de moita responsabilidade?Sinceramente, espero que non pero a impresión é outra.
                             Con esta clase de demagoxia barata non se xoga Srs. do PP de A Illa,non conten vostedes con nós para permitir un acto desa índole e moito menos a sabiendas do que se fai ou do que pode ocorrer,vostedes mesmos.

                             A todos nos gusta divertirnos i o vamos a facer unha noite máxica como é a de San Xoán,pero con sentidito e responsabilidade como foi sempre,por que unha vez que haia un accidente ou problema calqueira,despois virán as lamentacions e xa será tarde,Srs do P.P.


 ISIDRO GARCÍA GARCÍA.CONCELLEIRO DE OBRAS,SERVICIOS E TRÁFICO.

lunes, 25 de junio de 2012

EDUCACION,DE CALIDADE?


EDUCACION,DE CALIDADE?


Si hai algo verdadeiramente importante para un/a neno/a é poder ter unha boa educación
,para o qué son necesarias,como mínimo,un par de cuestions:UNHA,ter uhns bos profesionales da enseñanza,que os temos,(ainda que no IES os pretenden quitar)e DUAS,ter unhas instalacions dignas ,donde os mestres poidan ensinar a os nosos fillos/as,nas que estamos tendo continuos problemas e moitos deles,GRAVES,sen que a conselleria de educación mova nin tan sequera un dedo.
Fai uns dias, era o Alcalde o que se queixaba con razón do problema que existe na ILLA con respeto da falta de aulas para que os rapaces/as poidan asistir a clase. Dende o concello, nos vemos na obriga de ceder a aula dedicada a ludoteca e na que o Concello invirteu unha cantidade moi importante de cartos,pero non a cedemos por que a Xunta o pide,senón por que a nosa vergoña non nos permite esperar a que o” SIR” Conselleiro,ou delegado se rebaixe a solicitar unha aula que seguramente non é a adecuada para que os nosos mestres impartan clase a os nosos nenos/as.
Pero agora resulta, que seguen sen chegar as aulas,e nos vemos obrigados dende o Concello a adecentar un almacén no que nos chamamos “Pabellón de 5º “para que os mestres poidan impartir unha clase de Audición e Lenguaje ,na cual, incluso terá que asistir algún rapaz con problemas de motricidade.
Di o delegado que non é un almacén,que é un local donde se almacenaban algúns materiais,…ai que fastidiarse, agora resulta que un lugar donde se almacenan todo tipo de cousas non é un almacen,e para iso ser delegado de educación.
Quero que quede meridianamente claro que dende o Concello imos a facer todo o que esté nas nosas mans para que o Colexio de A ILLA DE AROUSA esté en condicions de recibir aos nosos fillos,pero tamén debemos poñer en coñecenento dos nosos veciños e da opinión pública en xeral, en que estado está o colexio sen que a Educación lle importe nada mais que cargarse o noso idioma.
Non sabemos canto tempo mais imos ter que aguantar os ataques desmesurados do conselleiro Xesús Vázquez a educación pública galega pero mentres tanto na ILLA imos loitar por ter unhas instalacions decentes e que estén preparadas para a cantidade de nenos matriculados,pero tamén é certo que si imos ter unhas instalacions e nos quitan mestres…
E a todo esto ¿saben os veciños da ILLA donde están os concelleiros do P.P.?Eu llo direi,aos Srs. do Partido popular da ILLA non lles interesan os problemas que teñen os nosos rapaces por qué é o que lle mandan dende Santiago.De todas formas xa casi non nos estraña por que o P.popular,NIN ESTA NIN SE LLE ESPERA.

PLAN DE ORDENACIOÓN DO LITORAL


É RAZONABLE?

Despois de leer as declaracions feitas polo PP da ILLA nún medio de comunicación
valorando o Plan de Ordenación do Litoral (POL) e calificando o mesmo de
razonable” para a Illa de Arousa, quedeime sorprendido,a pesar de saber que a
esta xente que forma parte do PP non lle importa o mais mínimo o noso pobo,
pero pasados un par de dias e despois de leer o que pensaba outro membro do
mesmo partido político de un pobo da arredor,asusteime,¿por qué?pois por que
tamén o califica de “razonable”.
Está moi clara a consigna do Partido Popular de Santiago…”tendes que defender nos
vosos concellos que o POL é RAZONABLE”
Na Real Academia da Lengua Española a palabra “razonable” ten un significado
claro;está bien pensado-justo,suficiente.
Non Sr.Juan José,non é xusto que por ejemplo das barbaridades que di este documento,
teñamos cerca de 50 áreas de reparto afectadas dun xeito ou doutro e por certo,
digalle vostede aos veciños de mais do 50% de esas áreas que non van a poder
facer nada nas suas fincas,aparte de poñer leituga ou patacas.
Cree vostede e os seus compañeiros da Illa que o POL é ou vai ser suficiente para os
nosos veciños?O equipo de goberno do que formo parte pensamos que NON,non
é xusto , non é suficiente e por suposto NON É RAZONABLE.
Que pouca memoria teñen vostedes que fai catro dias andaban coas pancartas o lombo
que decian cousas como “Defendamos o pan dos nosos fillos” ou “queremos vivir
na Arousa”,etc,etc antes non tiñan sentido pero me dá a impresión de que agora si
o van a ter.
Sr. Portavoz espero non ter que explicarlle a os veciños/as que quer decir no susodicho
POL o corredor ecolóxico que aparecia no primeiro documento enviado pola
Xunta de Galicia na zona das Aceñas e que agora non aparece por ningún lado…
Unha vez descuberta a milonga que se traen entre mans os do Partido Popular(os da
ILLA e os de Santiago)teñan a vergoña de cambiar o discurso e por suposto de
retirar o POL ,ainda que xa sabemos que o P.p “nin esta nin se lle espera”.



NOVA ILUMINACION DO CAMPO DE FUTBOL MUNICIPAL DA BOUZA



NOVA ILUMINACION DO CAMPO DE FUTBOL MUNICIPAL DA BOUZA



A Xunta de Goberno Local da Illa de A ILLA DE AROUSA ven de
adjudicar de forma definitiva a obra de “Dotación de Nova Iluminación para o
Campo de Futbol Municipal da Bouza” a empresa EDECO,Instalacions e Proxec-
tos por 40.000 euros aportados integramente polo Consejo Superior de Deportes,
encargado de destinar o 1% procedente da recadación das quinielas ao fomento do
futbol non profesional.

A obra comezará a semán próxima e consta da retirada de todo o
sistema eléctrico actual e instalación de cableado,torretas,reflectores,etc de nova
adquisición esperamos que dentro do mes de Septembro estea rematada na sua
totalidade.

O Concello da Illa de Arousa segue coa sua politica de inversión no
deporte como queda patente nas ultimas melloras que se realizaron estos anos
como a mellora do Pabellón Deportivo TORRE-ILLA(70.000 euros),Pista
polideportiva de Testos(cerca de 30.000),gradas da Bouza(200.000 euros),pista
de multideporte do Regueiro,etc...
Cabe señalar tamén que nas próximas fechas se dotará de un baño
público este mesmo Campo de Futbol Municipal e procederemos a instalación de
alumeado na pista polideportiva de Testos dada a gran demanda de uso e acepta-
ción que está ater entre os veciños/as da ILLA DE AROUSA,do que nos sentimos
especialmente orgullosos dende o equipo de goberno.


ISIDRO GARCIA GARCIA
CONCELLEIRO DE OBRAS,SERVICIOS E TRÁFICO DA ILLA DE AROUSA

CAMPO DE FUTBOL


NOTA DE PRENSA


CONCELLO DA ILLA DE AROUSA


Fai xa algún tempo que vimos observando o deterioro total das obras feitas no Campo de Futbol de Testos  é convinte poñelo en coñecemento dos veciños da Illa.
En dias atrás foi o Alcalde o que deu a voz de alarma sobre o estado do Campo de Fútbol mandando unha carta acompañada de unhas cantas fotos ao Presidente da Deputación de Pontevedra dado que existen unhas deficiencias importates nuhas obras inaguradas en Novembro de 2007 e que literalmente se “caen a cachos”.


Estas deficiencias,tales como,que nos vestiarios cando chove hai que entrar con botas xa que meten auga como si estiveran feitos de mimbre,que o valado feito de ferro sen tratar está nunhas condicions pésimas e incluso que na grada cuberta os dias que chove non se poida estar debaixo dela xa que, mais ou menos acabas tan mollado como fora,están producidas por que as obras non quedaron como deberián,digo mais,da a impresión de que os materiais utilizados non foron nin os mais adecuados nin os óptimos,ben a vista está.

Entendo, pola parte que me toca, que cando un fai unha obra intenta que quede o mellor posible(non quero pensar mal),pero tamén e verdade que existe responsabilidade tanto do que a contrata como de quen a realiza xa que estamos a falar dunha obra que ten catro(4) anos e pico.

Pido entón, como Concelleiro de Obras do Concello da ILLA DE AROUSA que a Deputación tome as medidas oportunas que deba tomar para arranxar o estropicio feito e inagurado en Novembro de 2007 xa que o Venres dia 16 de Decembro unha parte de valla de peche do campo que está destrozada , incluso “caeu o chan”(ver foto)  o resto cairá tamén podendo causar algún dano personal.

ISIDRO GARCIA GARCIA.CONCELLEIRO DE OBRAS,SERVICIOS E TRAFICO

O PORTO DO XUFRE



                                              O PORTO DO XUFRE


                   Nunca recente nota de prensa o PP da ILLA por medio do seu portavoz municipal ,Juan José González Vázquez “agradece” o esforzo que está a facer a Xunta para levar a cabo actuacions no Porto da Illa e destaca tamén que invirteu ata o de agora sete(7) millons de euros en varias infraestructuras que eu non vou a enumerar por que teño mais vergoña que o lider do PP......(algunhas das que cita deben ser de cando Galicia tivo a autonomia).

                   Sete (7) millons de euros,nin mais nin menos,debo reconocer que o meu forte non son os números pero está claro que a o Sr.Portavoz tampouco se lle dan moi ben que digamos,o que sí semella que se lle da de cine é mentir e ocultar datos.

                   En case tres(3) anos de goberno do Sr.Feijoo, as actuacions levadas a cabo no Porto do Xufre resúmense en un “váter”,nin mais nin menos,dende que Feijoo e Presidente de “todos” os galegos temos un “váter” no Porto do Xufre e o Sr.González Vázquez nin tan sequera se pon encarnado de vergoña.

                   O PP da Illa ten pouca memoria ,pero para iso están as hemerotecas,en Outubro de 2009 desembarcou a Conselleira na Illa para vendernos fume,”Non mais aló do 2012 o sector profesional da pesca da ILLA terá un porto que será a envexa da ría”decía Rosa Quintana,non sei si se refería ao WC por que senón é así,minteu igual que o Sr.González.
                   O 28-1-2010 as 12:00 horas no IGAFA,voveu a vendernos fume outra vez”levamos toda a vida esperando polo porto”decia o anterior Patrón Mayor ,e seguimos esperando e recibindo unha trampa detrás de outra,ian cambiar a lonxa de sitio,ian poñer pantalans para os bateeiros,etc,e fixeron,insisto,un retrete e non digo que non sexa necesario,pero e o que se fixo.

Sr,portavoz,é indispensable que todos os que formamos parte da corporación sexamos esixentes coa Xunta polo ben do noso pobo e non condescendientes como amosa ser vostede e o seu grupo municipal por que senón é así non conseguiremos nin sequera que pinten os pasos de peons por que serán “costosísimos” como di o Sr. Durán,Presidente de Portos de Galicia.

lunes, 4 de junio de 2012

BASES REGULADORAS PLAN DE FOMENTO E ESTÍMULO DO EMPREGO 2012

Venres 1 de xuño de 2012
Páx. 13
A ILLA DE AROUSA
ANuNCIO
O Pleno deste Concello, en sesión celebrada en data 10 de maio de 2012, e a Xunta de Voceiros por
delegación do Pleno, en sesión celebrada o 14 de maio de 2012, acordaron a aprobación das beses
reguladoras do Plan de fomento e Estímulo do Emprego que se transcribe a continuación:
BASES REGULADORAS
PLAN DE FOMENTO E ESTÍMULO DO EMPREGO 2012
1.—FUNDAMENTO
O Plan de fomento e Estímulo do Emprego se fundamenta na gran demanda de postos de traballo
derivada da situación de crise económica internacional na que se atopa a sociedade na actualidade, que
provocou un aumento do desemprego e unha reducción da capacidade do mercado para absorber a man
de obra desempregada, o que dificulta o acceso ó emprego e que trae como consecuencia a dificultade
na percura de traballo, especialmente no que atinxe ás persoas que perseguen o seu primeiro emprego,
desempregados de longa duración ou persoas con cargas familiares que ven restrinxidas as súas
posibilidades laborais.
Con este Plan o Concello plantexa unha especie de alianza cos sectores productivos máis
emprendedores capaces de xerar empregos máis productivos e de maior calidade, así como contribuir á
creación dun mercado de traballo máis igualitario e socialmente cohesionado, ó tempo que se desenvolve
unha economía máis flexible, productiva e competitiva.
2.—OBXECTO
A través do Plan de fomento e Estímulo do Emprego establécense un conxunto de medidas que, con
carácter extraordinario e a corto prazo, se destinan a favorecer a xeración de emprego así como a mellora
da empregabilidade das personas en situación de desemprego, mediante a contratación destas persoas
por parte das pequenas e medianas empresas radicadas na Comarca do Salnés e especialmente no
municipio de A Illa de Arousa, e establecendo unha serie de incentivos de índole económica que
favorezan a contratación por parte das empresas deste colectivo de persoas.
3.—FINANCIACIÓN
Este Plan está subvencionado polo Concello de A Illa de Arousa, existindo unha consignación na
partida 241.47000 do vixente orzamento de gastos, aprobado por acordo do Pleno do Concello en sesión
celebrada en data 12 de xaneiro de 2012, por importe de 40.000,00 euros, e sendo esta a cantidade
máxima a aplicar ó presente Plan.
Non obstante procurarase a participación das distintas Administracións Públicas no mesmo,
mediante a subscrición de convenios de colaboración que posibiliten o cumprimento dos obxectivos
previstos.
4.—OBRIGAS DAS ENTIDADES BENEFICIARIAS
Serán obrigas das entidades beneficiarias as seguintes:
a) Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento
que fundamenta a concesión das axudas contempladas no presente Plan, na forma e prazos
que se establezan.
b) Xustificar en prazo o cumprimento dos requisitos e condicións, así como a realización da
actividade e o cumprimento da finalidade que determine a concesión da subvención.
c) Someterse ás actuacións de comprobación, a efectuar polo órgano concedente.
www.bop.depo.es
u
bop@depo.es
u
Dep. Legal: PO 1-1958
Núm. 105
Venres 1 de xuño de 2012
Páx. 14
d) Comunicar a obtención de outras axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades
subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e en todo
caso, con anterioridade á xustificación dos fondos percibidos.
e) Acreditar atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias, de Seguridade
Social e ca Administración da Xunta de Galicia e Concello de A Illa de Arousa.
f) Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamentos
auditados nos termos esixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ó beneficiario.
g) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos en tanto poidan
ser obxecto das actuacións de comprobación e control.
h) Adoptar as medidas de difusión que no seu caso se establezan para a adecuada publicidade
do carácter público da financiación outorgada.
i) Proceder ó reintegro das axudas recibidas no suposto de incumprimento das normas
reguladoras das mesmas.
j) Cumprir co establecido na lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos
de carácter persoal, en relación con todos aqueles documentos que conteñan datos persoais ou
que afecten ás libertades públicas e os dereitos fundamentais respecto de outras persoas.
k) Aportar unha vez rematado o obxecto da subvención un informe ou memoria no que se
especifique as accións levadas a cabo e o cumprimento dos obxectivos.
l) Someterse ás actuacións de fiscalización e ós controis financeiros que correspondan a este
Concello.
m) Non discriminación por razón de sexo no importe económico dos salarios a abonar ós
traballadores da empresa que representa,
n) Compromiso do non despido de traballadores contratados a data da aprobación do presente
Plan para beneficiarse das axudas concedidas polo mesmo.
5.—REQUISITOS PARA PARTICIPAR
Poderán participar no Plan de Estímulo e fomento do Emprego as pequenas e medianas empresas
existentes no municipio de A Illa de Arousa e na Comarca do Salnés, que contraten traballadores en
situación legal de desemprego empadroados no Concello de A Illa de Arousa, entendendo por tal aqueles
que se atopen inscritos como demandantes de emprego nas oficinas de emprego, e que teñan unha
antigüidade no padrón de habitantes de alomenos un ano.
As empresas participantes deberán reunir os seguintes requisitos:
Estar dadas de alta en facenda.
Estar ó corrente no pago das súas obrigas ante a Axencia Tributaria, Seguridade Social, Xunta de
Galicia e Concello de A Illa de Arousa.
6.—AXUDAS
As axudas serán de índole económica, mediante a aportación de unha parte do importe que cada
empresa deba abonar en concepto de cotización empresarial á Seguridade Social por cada traballador
que contrate.
Establécense diferentes porcentaxes de aportación en función do período de duración do contrato e
tipo de xornada a realizar:
1.—Xornada completa
— De 3 a 5 meses: Ata o 40%
— De 6 a 9 meses: Ata o 60%
— De 9 a 12 meses: Ata o 75%
www.bop.depo.es
u
bop@depo.es
u
Dep. Legal: PO 1-1958
Núm. 105
Venres 1 de xuño de 2012
Páx. 15
Estas porcentaxes se reducirán nun 10% por cento no suposto de prórroga no contrato de traballo,
cunha duración máxima de 12 meses.
2.—Xornada parcial
— De 3 a 5 meses: Ata o 25%
— De 6 a 9 meses: Ata o 40%
— De 10 a 12 meses: Ata o 60%
Estas porcentaxes se reducirán nun 10% por cento no suposto de prórroga no contrato de traballo,
cunha duración máxima de 12 meses.
Para a concesión das axudas se terá preferencia polas empresas que contraten a traballadores con
contratos de maior duración así como as que contraten maior número de traballadores.
Así mesmo priorizase a contratación por pequenas e medianas empresa radicadas na Illa de Arousa
sobre as radicadas no resto da Comarca do Salnés e primarase a contratación de persoas en situación
de risco ou exclusión social, incorporando informe da técnico municipal sobre a situación. Do mesmo
xeito primararase a contratación de persoas que se atopen en algunha destas circunstancias: parados
de longa duración, menores de 30 anos e maiores de 45 anos, mulleres, persoas con cargas familiares e
minusválidos.
7.—DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
Todas aquelas empresas interesadas disporán dun PRAZO DE VINTE DÍAS NATuRAIS dende a
inserción do presente Plan no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra para a presentación de
instancias no modelo que se acompaña como Anexo I e dirixidas ó Sr. Alcalde-Presidente do Concello
de A Illa de Arousa, indicando:
— Nome e apelidos ou razón social.
— Enderezo.
— CIf da empresa.
— Actividade á que se dedica.
— Número de persoas a contratar, prazo de duración e tipo de xornada.
— Categoría profesional.
— Importe del contrato mensual, que incluirá a prorrata nas pagas extra, e que non poderá ser
inferior en todo caso o salario mínimo interprofesional (ou convenio de aplicación), así como
a porcentaxe e cuota empresarial á Seguridade Social.
— Certificado acreditativo das altas e baixas dos traballadores contratados no ano
inmediatamente anterior, tomando como referencia a data de publicación deste Plan no Boletín
Oficial da Provincia de Pontevedra.
— Declaración xurada da existencia de igualdade salarial entre traballadores contratados de
distinto sexo e para o mesmo traballo.
— Ademais se acompañará a seguinte documentación:
— Documentos acreditativos da personalidade xurídica: Os empresarios individuais, copia
auténtica do DNI; os empresarios personas xurídicas, a escritura ou os documentos nos que
conste a constitución da entidade e os estatutos polos que se rixa, debidamente inscritos no
Rexistro Mercantil ou no que corresponda.
— Documentos acreditativos da representación: Poder outorgado a favor de quen ou quenes
suscriban a petición xunto cunha copia auténtica do Documento Nacional de Identidade do
ou dos apoderados.
— Alta en facenda.
— Certificado de atoparse ó corrente no pago das obrigas ca axencia Tributaria e Seguridade
Social.
www.bop.depo.es
u
bop@depo.es
u
Dep. Legal: PO 1-1958
Núm. 105
Venres 1 de xuño de 2012
Páx. 16
— Certificado de atoparse ó corrente no pago das obrigas ca Xunta de Galicia e Concello de A
Illa de Arousa.
— Declaración de axudas ou subvencións solicitadas e/ou concedidas de calquera Administración
Pública.
8.—COMISIÓN DE VALORACIÓN
Estará constituída por:
— Presidente: O Sr. Alcalde-Presidente do Concello de A Illa de Arousa.
— Vocais: Os Voceiros dos tres grupos políticos do Concello.
— Secretario: O Secretario-Interventor do Concello, que terá voz e voto.
Os membros da Comisión deberán absterse de intervir, comunicándolle ó Sr. Alcalde-Presidente
cando concorra neles algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da lei 30/1992, de 26 de
novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e procedemento administrativo común.
Para actuar validamente a Comisión, requirirá a presencia da maioría absoluta dos seus membros.
A Comisión de valoración adoptará os seus acordos por maioría simple, entendendo por tal cando os
votos afirmativos son máis que os negativos, resolvendo os empates o Sr. Alcalde-Presidente co voto de
calidade.
9.—TRAMITACIÓN
unha vez rematado o prazo de presentación de instancias reunirase a Comisión de Valoración, previa
convocatoria realizada polo Sr. Alcalde-Presidente.
A Comisión analizará cada unha das solicitudes presentadas, e no caso de que a mesma se atope
incompleta, inexacta ou existan dúbidas na súa interpretación, requerirase ó interesado para que
proceda á súa subsanación nun prazo máximo de dez días hábiles, indicando que de non facelo se lle
terá por desistido da súa solicitude, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no
artigo 71 da lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do
procedemento administrativo común.
unha vez baremadas todas as solicitudes, a Comisión de Valoración fará unha proposta, que será
aprobada por Decreto de Alcaldía, na que se sinalarán as solicitudes aprobadas e as súas condicións,
así como as denegadas.
unha vez recibida a confirmación da axuda, o beneficiario dispón dun prazo de DEZ DÍAS HÁBIlES
para comunicar a aceptación da mesma, e de uN MES dende a citada confirmación da concesión da
axuda para proceder á/ás contratacións, que deberán realizarse obrigatoriamente con persoas inscritas
como demandantes de emprego nas oficinas do INEM. Transcorrido este prazo de un mes, no prazo dos
DEZ DÍAS HÁBIlES SEGuINTES deberá presentar no Concello:
— Copia compulsada do/s contrato/s de traballo dos traballadores contratados rexistrados nas
oficinas do INEM.
— Copia compulsada do documento de alta na Seguridade Social.
— Número de conta bancaria para o ingreso da axuda concedida (primeira folla da cartilla ou
certificado da entidade bancaria).
unha vez recibida esta documentación o Concello librará o cincuenta por cento do importe concedido,
quedando a cantidade restante pendente ata a xustificación total da axuda.
10.—XUSTIFICACIÓN
A xustificación da axuda recibida deberá realizarse no prazo de DOuS MESES dende o remate do/s
contrato/s de traballo.
Para iso deberá presentar a seguinte documentación:
www.bop.depo.es
u
bop@depo.es
u
Dep. Legal: PO 1-1958
Núm. 105
Venres 1 de xuño de 2012
Páx. 17
— Solicitude subscrita polo representante legal da empresa e dirixida ó Sr. Alcalde-Presidente.
— Declaración actualizada das axudas ou subvencións solicitadas e/ou recibidas de calquera
Administración Pública.
— Copia compulsada da comunicación de fin de contrato.
— Copia compulsada do documento de baixa na Seguridade Social.
— Copia compulsada dos boletíns de cotizacións (TC1 e TC2).
— Memoria das actividades obxecto de subvención.
— Declaración do cumprimento da finalidade para a cal se concedeu a subvención.
— Certificado actualizado das altas e baixas dos traballadores contratados no ano
inmediatamente anterior.
11.—PRÓRROGA DO/S CONTRATO/S
No caso de prórroga do contrato, ésta deberá comunicarse ó Concello dentro dos quince días hábiles
anteriores ó remate do contrato, acompañando copia compulsada do documento no que se formalice a
citada prórroga.
Nos casos de prórroga o Concello librará o cincuenta por cento da axuda inicial unha vez presentada
a documentación a que fai referencia este punto e dentro do prazo de dous meses sinalado. O pago da
cantidade restante realizarase unha vez rematada a prórroga ou no seu caso o prazo máximo de
subvención da/s contratacións, que será de doce meses.
A concesión de axudas no caso de prórrogas estará condicionada á existencia de crédito suficiente,
e sempre tendo en conta que a cantidade máxima para a financiación deste Plan será de 40.000 euros.
12.—REINTEGRO DAS AXUDAS
Son causas de reintegro das axudas recibidas e a esixencia de intereses de demora correspondente
dende o momento do pagamento da subvención ata a data na que se acorde a procedencia do reintegro,
nos seguintes casos:
a) Obtención da axuda falseando as condicións requiridas para iso ou ocultando aquelas que o
impedisen.
b) Incumprimento total ou parcial do obxectivo, da actividade ou non adopción do comportamento
que fundamentan a concesión da axuda.
c) Incumprimento da obriga de xustificación ou a xustificación insuficiente.
d) Resistencia, excusa, obstrucción ou negativa ás actuacións de comprobación e control
financeiro, así como o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de
documentos cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado ós fondos
percibidos.
13.—PUBLICIDADE
A relación de axudas concedidas, ca identificación da empresa/s beneficiaria/s, prazo de duración e
importe das mesmas publicarase na páxina web do Concello de A Illa de Arousa.
Así mesmo serán publicadas as solicitudes denegadas, indicando os motivos da súa denegación.
14.—NORMATIVA DE APLICACIÓN
O Plan de Estímulo e fomento do Emprego regularase polo establecido nas presentes bases. En todo
o non previsto nelas aplicarase o disposto na lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia, e
Decreto 11/2009, de 08 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da lei 9/2007.
www.bop.depo.es
u
bop@depo.es
u
Dep. Legal: PO 1-1958
Núm. 105
Venres 1 de xuño de 2012
Páx. 18
15.—XURISDICCIÓN
A interpretación, modificación, resolución e todas as cuestións que se susciten en relación ca
aplicación do presente Plan corresponde á comisión de valoración, e serán resoltas pola Alcaldía-
Presidencia, a proposta da comisión de valoración. Os acordos adoptados para a súa resolución porán
fin á vía administrativa, e poderán ser impugnados ante a Xurisdicción contencioso-administrativa.
ANEXO I
MODELO DE SOLICITUDE PARA A PARTICIPACIÓN NO PLAN DE ESTÍMULO E FOMENTO DO EMPREGO
D./Dña. ______________________________, maior de idade, con DNI no ___________________ en
representación da entidade ____________________________, con CIf no ____________________ e domicilio
social en _______________________________, (teléfono _____________), adicada á actividade de
__________________________________, ante o Sr. Alcalde-Presidente do Concello de A Illa de Arousa,
comparece e di:
a) Que coñece e acepta as Bases reguladoras do Plan de Estímulo e fomento do Emprego e que
van rexir o outorgamento de axudas ou subvencións a empresas do Concello de A Illa de
Arousa e Comarca do Salnés para a contratación de traballadores en situación de desemprego
durante o ano 2012.
b) Que desexa ser admitido/a no proceso de concesión das citadas axudas.
c) Que son certos todos os datos e documentos que aporta.
d) Que adxunta á presente orixinal ou copia compulsada de:
— DNI da persoa solicitante.
— CIf da empresa.
— Escritura ou os documentos nos que conste a constitución da entidade e os estatutos polos
que se rixa, debidamente inscritos no Rexistro Mercantil ou no que corresponda.
— Alta en facenda.
— Certificado de atoparse ó corrente no pago das obrigas ca axencia Tributaria e Seguridade
Social.
— Certificado de atoparse ó corrente no pago das obrigas ca Xunta de Galicia e Concello de A
Illa de Arousa.
— Declaración de axudas ou subvencións solicitadas e/ou concedidas de calquera Administración
Pública.
— Memoria explicativa, con indicación do número de persoas a contratar, prazo de duración e
tipo de xornada, categoría profesional e importe del contrato mensual, que incluirá a prorrata
nas pagas extra, así como porcentaxe e cuota empresarial á Seguridade Social.
— Certificado acreditativo das altas e baixas dos traballadores contratados no ano
inmediatamente anterior, tomando como referencia a data de publicación deste Plan no Boletín
Oficial da Provincia de Pontevedra.
— Declaración xurada da existencia de igualdade salarial entre traballadores contratados de
distinto sexo e para o mesmo traballo.
Por todo o sinalado,
SOlICITO se teña por presentada esta solicitude y sexa admitido/a na convocatoria de axudas para
a contratación de persoal en situación de desemprego ó amparo das bases reguladoras do Plan de
Estímulo e fomento do Emprego para o ano 2012.
Na Illa de Arousa, a ........... de ............................. de 2..........
Asdo.
SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE A ILLA DE AROUSA (PONTEVEDRA)
Na Illa de Arousa, a 18 de maio de 2012.—O Alcalde-Presidente, José Manuel Vázquez Vázquez.