Boletín Informativo do PSdeG-PSOE de A Illa de Arousa.
Coa fin de manter informado ó pobo de A Illa de Arousa o Partido Socialista saca a rúa un novo boletín para explicar as consecuencias que o Plan de Ordenación do Litoral que acaba de aprobar definitivamente a Xunta de Galicia. Este Plan RECORTA considerablemente o terreo urbano edificable, concretamente de 108 a 32 hectáreas.
O Plan do Litoral impide construír en zonas como As Aceñas, Espiñeiro, Con do Sol, A Franqueira, O Bao, Gradin, Riasón, O Barnal, Chasán, Lagartiño e Outeiro. Ademais afecta inexplicablemente a terreos tan alonxados do mar como Pedromínguez, Carballos e Con do Forno, así como zonas céntricas como Pedraserrada e Testos.
Ante este atropelo ó pobo de A Illa, o Concello xa anunciou que vai por un Contencioso-Administrativo para defender os dereitos dos veciños e veciñas de A Illa de Arousa.
Imaxe de como queda a Illa co novo POL
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Cometa o que queiras, sempre con respeto, e publicaremosche o comentario canto antes.