viernes, 6 de mayo de 2011

Primeira noite electoral para o PSdeG-PSOE na Illa de Arousa

Esta noite comezou oficialmente a campaña para as Eleccións Municipais do dia 22 de Maio, e o PSdeG-PSOE de A Illa de Arousa armouse de cepillos e cola e iniciou a pegada de carteis electorais comezando pola céntrica Praza do Regueiro.

Podedes ver moitas mais fotos na nosa Galería de Imaxes

Vota PSdeG-PSOE. Vota José Manuel Vázquez Vázquez.

1 comentario:

  1. Noraboa por este fermoso blog e ánimo a tódolos socialistas para estas eleccións.
    Quedan 15 días de duro traballo e esforzo para intentar convencer á maioría da xente da Illa que a única forza política que posúe capacidade para liderar este pobo e para darlle unha mellor calidade de vida ós veciños é o PSOE.
    Non vos enfrascar en luitas nin en descalificacións. Mostrade as vosas ideas, os vosos proxectos e demostrade que nesta época na que vivimos (cun forte dominio capitalista, liberal e conservador) existe un pobo que se resiste e que inda cre nos principios de igualdade de oportunidades, de solidariedade, de axuda ós desfavorecidos, de educación e sanidade pública de calidade, de diálogo como medio de chegar a acordos, de compromiso cos máis necesitados, de servizos sociais e de dereitos para os cidadáns.
    Por último quería manifestar unha última opinión: Ante as adversidades, ante as infamias e as mentiras, ante as inxustizas con este pobo e ante as lícitas distintas maneiras de pensar e ante os que din ser farois mostrade, sen medo a parcer utopías, ós retos e proxectos que pretendedes conseguir. Dicía alguén: "As utopías non están para divagar, están para chegar a elas".
    Sen máis; forza, ánimo e un saudo.

    ResponderEliminar

Cometa o que queiras, sempre con respeto, e publicaremosche o comentario canto antes.