Fonte: La Voz de Galicia
viernes, 27 de mayo de 2011
viernes, 20 de mayo de 2011
VOTA O 22 DE MAIO
Gracias a todos os veciños e a todas as veciñas de A Illa de Arousa pola súa amabilidade, cariño e comprensión a hora de recibirnos e escoitar, os Feitos e propostas que levamos no noso programa, o grupo de homes e mulleres que conformamos PSdeG-PSOE de A Illa de Arousa. Pedímosvos que comparedes programas e candidaturas e sobre todo que o 22 de maio vaiades a votar. A todos e a todos moitas Gracias e un cordial saudo.
Jose Manuel Vazquez Vazquez.
Acudide as urnas este Domingo 22 de Maio
Votade para que A Illa siga sendo Unha Illa para as Persoas
Votade PSdeG-PSOE de A Illa de Arousa
Saudos a Todos e Todas dende o Blog do PSdeG-PSOE de A Illa
Saúdos a tod@s os veciñ@s de A Illa de Arousa que visitaches este blog dende a súa inauguración o dia 25 de abril de este ano, coa presentación dos candidatos, ata o dia de hoxe coa ultima entrada antes do peche da campaña electoral.
Ata o de agora, este humilde Blog foi visitado mais de 1150 veces, un numero mais que considerable tendo en conta que non leva en internet nin un mes enteiro, quero recalcar o dato de mais de 1150 visitas, porque esas son as veces que os que navegan na rede lles picou a curiosidade de ver que e o que tiñamos de novo no blog do Partido Socialista, e non os defraudamos, subindo cada dia contidos novos, subimos FOTOS, VÍDEOS, BOLETÍNS e O PROGRAMA, sendo esta a única paxina publicada en toda a internet na que un partido político de A Illa de Arousa expón as súas propostas na rede, o PSdeG-PSOE e o único partido político da Illa que ten o seu programa subido a Internet para que calquera o poida consultar e descargar o seu ordenador.
Estamos especialmente orgullosos da xente que nos visita e comenta, aínda que os comentarios sexan criticas (e non precisamente construtivas), porque esa xente que nos visitou polo menos tivo o detalle de estar aí e ler o que nos tiñamos que dicirlles, a eles e a todos os veciñ@s, estamos orgullosos de que calquera que comentou neste blog puido ver que non se lle censurou nada nin se lle atacou gratuitamente. Porque a realidade e esta, unha paxina web e un lugar publico, non e o mesmo unha conta en Facebook (que nos tamén a temos, Psoe Illa de Arousa) na que podes controlar todo, borrar comentarios negativos, eliminar a xente que non che gusta, bloquear os usuarios (esta persoa que agora vos escribe esta bloqueado e non pode acceder a ver o perfil de Facebook do Partido Popular, nin que dicir ten que non me aceptaron de amigo) pero esa non e a nosa filosofía, esta ben que en Facebook che alaguen os teus amigos, pero creo que non estamos aquí para iso, as cousas teñen que facerse publicas para todo o bo e o malo, por iso optamos por poñer todas as nosas propostas e toda a nosa información a servizo de todos na rede.
Seguindo coa análise deste blog, tamén queremos recalcar algúns datos.
- O artigo mais visitado foi a entrevista que La Voz de Galicia lle fixo o noso Alcalde e candidato Manuel Vazquez, seguido de preto en numero de visitas polo Programa Electoral.
- Por numero de visitas a Provincia de Pontevedra e dende onde mais se nos visitou seguida por as Illas Canarias, Madrid e a cidade de Santiago de Compostela, tivemos incluso visitas dende Oviedo, Cuenca e Granada.
- Visitou xente dende os seus iPhone.
- E incluso nos visitou xente que buscando as webs de outros partidos decidiu quedarse a ollar tamén a nosa.
Para rematar con este artigo so quero darvos as gracias a todos os que visitaches aínda que solo fora unha vez esta paxina web, recordarvos que esta web esta feita para vos, para que poidades informarvos, por iso poñemos a vosa disposición toda a información da que dispoñemos (Fotos, Vídeos, Boletíns, Programa e os Artigos da prensa e nosos propios) para que o dia 22 de Maio VAIADES A VOTAR e votedes por quen vos demostrou, xa dende fai moitos anos que quere o mellor para A Illa de Arousa, que votedes por quen vai de fronte, por quen vos escoita e non por quen se adica a borrar na rede o que comentades so porque non lle gusta, que votedes por quen di o mesmo aquí no noso pobo diante da xente e non por quen vos da a espalda nada mais saír polo puente para fora, que botedes polo bo traballo feito e polo bo traballo que nos queda por facer, en definitiva que VOTEDES POLO PSdeG-PSOE DE A ILLA DE AROUSA.
Moitas Gracias a Todos e Todas.
A Galescola
A Galescola outra infraestructura necesaria para os veciños da Illa e acadada no ano 2008 polo Partido Socialista.
GALESCOLA DE A ILLA DE AROUSA. INAUGURADA NO ANO 2.008. TOTAL ORZAMENTO 969.339,34 EUROS.
GALESCOLA DE A ILLA DE AROUSA. INAUGURADA NO ANO 2.008. TOTAL ORZAMENTO 969.339,34 EUROS.
Entrevista a Manuel Vazquez candidato polo PSdeG-PSOE a alcaldia de A Illa
Fonte Faro de Vigo - Entrevista completa
Manuel Vázquez naceu en novembro de 1972 e con 26 años converteuse no primeiro alcalde saído das urnas no municipio creado en 1997. As súas costas ten tres mandatos como rexedor, dous en minoría e un con maioría absoluta. Nestas eleccións apostou por unha importante renovación na súa lista.
jueves, 19 de mayo de 2011
Inicio das obras da Nova Senda entre As Rubas e o Faro
Fotos do inicio das obras da nova senda que percorrera a costa norte da Illa de Arousa.
miércoles, 18 de mayo de 2011
Unha Illa para as persoas. Videos da candidatura.
Un repaso en vídeo de todo o alcanzado pola Illa de Arousa desde antes de ter un concello propio ata a época actual.
Por todo o feito e por todo o que nos queda por acadar
VOTA PSdeG-PSOE
lunes, 16 de mayo de 2011
Cea-Mitin do PSdeG-PSOE
Con motivo do peche da Campaña Electoral o PSdeG-PSOE de A Illa de Arousa vai celebrar unha Cea-Mitin na Braseria A Salga, xa hai mais de 80 persoas anotadas.
Recordarlle as todas as persoas interesadas en asistir os seguintes datos:
Lugar: Braseria A Salga
Hora: 22:00
Prezo: 10€
Se desexas acudir, podes porte en contacto con nos vía Facebook, ou preguntado por Lucita na Sede do PSOE na Illa.
Recordarlle as todas as persoas interesadas en asistir os seguintes datos:
Lugar: Braseria A Salga
Hora: 22:00
Prezo: 10€
Se desexas acudir, podes porte en contacto con nos vía Facebook, ou preguntado por Lucita na Sede do PSOE na Illa.
Os Candidatos saen as ruas.
Este pasado Sábado pola mañá os candidatos do PSdeG-PSOE erguéronse cedo e cheos de animo para percorrer as rúas da Illa de Arousa.
Como característica de Socialistas que son, falaron con todos os veciños e veciñas que se prestaron a elo, e leváronlle a súa casa o programa electoral no que se refrexan non so as propostas para os vindeiros anos de goberno, se non todo o acadado nestes anos nos que o Partido Socialista gobernou na Illa de Arousa.
Senda costeira. Un paseo dende as Rubas ata o faro de Punta Cabalo.
A obra consiste na construción dunha senda que partindo da zona norte do casco urbano de A Illa de Arousa, vai a permitir percorrer o borde costeiro ata o Faro de Punta Cabalo. O trazado, na súa primeira parte, aproveitará un sendeiro xa preexistente, procedendo á súa remodelación e mellora, sendo de trazado novo na parte mais próxima ó faro, que descorre a través dunha zona de monte con eucaliptos.
A senda terá un ancho de 3 metros nas zonas de xabre e de 2 metros naqueles tramos nos que haxa que utilizar madeira (fundamentalmente para salvar desniveis do terreno), con unha lonxitude total de 1.100 metros (aproximadamente 900 metros en xabre e 200 en madeira).
O investimento total da obra ascende a 170.000€, e vai a ser executada pola empresa MATINSA con cargo ó programa de OBRAS DE CONSERVACIÓN Y REPOSICIÓN DEL LITORAL EN LA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 2009-2011.
Esta obra intégrase dentro dun proxecto global de construción dunha senda que rodea toda a Illa de Arousa, proxecto do que tamén no pasado verán se puxo en servizo outro tramo entre a praia do Vao e á entrada do Parque do Carreirón que supuxo un investimento de 651.772€.
A senda terá un ancho de 3 metros nas zonas de xabre e de 2 metros naqueles tramos nos que haxa que utilizar madeira (fundamentalmente para salvar desniveis do terreno), con unha lonxitude total de 1.100 metros (aproximadamente 900 metros en xabre e 200 en madeira).
O investimento total da obra ascende a 170.000€, e vai a ser executada pola empresa MATINSA con cargo ó programa de OBRAS DE CONSERVACIÓN Y REPOSICIÓN DEL LITORAL EN LA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 2009-2011.
Esta obra intégrase dentro dun proxecto global de construción dunha senda que rodea toda a Illa de Arousa, proxecto do que tamén no pasado verán se puxo en servizo outro tramo entre a praia do Vao e á entrada do Parque do Carreirón que supuxo un investimento de 651.772€.
Pulsa nas imaxes para velas mais grandes.
Programa Electoral PSdeG-PSOE A Illa de Arousa
En este enlace poderedes leer o programa electoral do PSdeG-PSOE de A Illa de Arousa:
Para que a xente xove se informe e para que os non tan mozos o recorden, queremos facer un breve recordatorio do que éramos e do que somos.
Mitin do PSOE en A Illa de Arousa
O pasado venres a noite no Auditorio Municipal de A Illa de Arousa rexistrouse un cheo total de veciños e veciñas apoiando a candidatura do PSdeG-PSOE de A Illa de Arousa as Eleccions Municipais do vindeiro 22 de Maio.
viernes, 13 de mayo de 2011
HOXE MITIN DO PSdG-PSOE DA ILLA DE AROUSA
miércoles, 11 de mayo de 2011
Iniciase a senda entre as Rubas e o Faro de Punta Cabalo.
O delegado do Goberno en Galicia Miguel Cortizo, anuncia a construción dunha senda litoral de 1.1 km, 170.000 euros de inversión e un prazo de execución de 45 días.
A senda discorrera entre As Rubas e o Faro de Punta Cabalo e terá un aspecto similar a que existe entre a praia do Vao e o Parque de Carreirón.
A nova nos medios:
A senda discorrera entre As Rubas e o Faro de Punta Cabalo e terá un aspecto similar a que existe entre a praia do Vao e o Parque de Carreirón.
A nova nos medios:
- Cortizo ordena el inicio de la senda que conectará A Illa con el faro de Punta Cabalo - Faro de Vigo
- Costas reactiva la senda de A Illa con las obras de un nuevo tramo - La Voz de Galicia
- El delegado del Gobierno anuncia la creación de una senda litoral del centro al faro de Punta Cabalo - Diario de Arousa
martes, 10 de mayo de 2011
Luis Tosar e Di Elas actuan na Praza do Regueiro
Luís Tosar e Di Elas, antes e durante a súa fantástica actuación na Praza do Regueiro.
Foi unha das moitos concertos realizados nestes anos, tanto no Regueiro como no novo Auditorio.
Foi unha das moitos concertos realizados nestes anos, tanto no Regueiro como no novo Auditorio.
lunes, 9 de mayo de 2011
A Illa inviste máis de 12.000 euros en mellorar o club de piragüismo
O Concello da Illa acaba de investir máis de 12.000 euros en diversas melloras practicadas nas instalacións do club de piragüismo. Tras unha reunión mantida coa directiva da entidade deportiva, encabezada por Carlos Oubiña, o goberno local decidiu acometer unha serie de actuacións nas instalacións que o club ten na zona da Canteira.
A decisión de realizar estas obras adoptouse tras ver «as necesidades que tiñan para ou normal desenvolvemento dá súa actividade», di o concelleiro de Obras, Isidro García, nun comunicado. Entre as tarefas que se realizaron figura a reparación da canaleta de recollida de pluviais, o cambio de todos os andeis para a colocación das piraguas, a instalación dun falso teito e a posterior colocación dunha nova iluminación ou o aumento de tensión da instalación eléctrica para unha nova sauna.
Estas obras acométense co fin de arrombar no posible as dependencias do club de piragüismo mentres non se acomete a construción dunha nova sede. Precisamente no pleno do próximo xoves debaterase unha modificación puntual no plan urbanístico co fin de dispor dun terreo na zona do Bao no que poida instalarse un pavillón de deportes náuticos. A intención do Concello da Illa é que aí poidan convivir o club de piragüismo e as asociacións de embarcacións tradicionais.
Mais obras
O Concello destaca que esta actuación «vén a completar unha seria de obras para mellorar instalacións»,concretamente:
- As bancadas da Bouza, onde se investiron case 200.000 euros.
- A remodelación do pavillón deportivo do colexio Torre, ao que se destinaron 70.000 euros.
Fonte La Voz de Galicia
sábado, 7 de mayo de 2011
Novas do dia e boletin Informativo Maio 2011
As novas do xornal do dia de hoxe.
- Boletin con referencia as proximas Eleccions do 22 de Maio
- A Illa ya dispone del solar para un centro de día - La Voz de Galicia
- Cambio de usos dun terreo no Bao para un pavillón náutico - La Voz de Galicia
- Excesos verbais e escritos na Illa - La Voz de Galicia
Zoila Paz e a nº 4 na candidatura do PP de A Illa de Arousa... Que diría Don Mariano Rajoy si outra formación política usara estas palabras, seguramente que habría que ILEGALZALO. O PP de A Illa crecenlle os enanos, pola culpa deles solos, que non busquen desculpas baratas nin culpables noutros lugares, que deixen de ver fantasmas e depuren responsabilidades e pidan desculpas.
viernes, 6 de mayo de 2011
Primeira noite electoral para o PSdeG-PSOE na Illa de Arousa
Esta noite comezou oficialmente a campaña para as Eleccións Municipais do dia 22 de Maio, e o PSdeG-PSOE de A Illa de Arousa armouse de cepillos e cola e iniciou a pegada de carteis electorais comezando pola céntrica Praza do Regueiro.
Podedes ver moitas mais fotos na nosa Galería de Imaxes
Vota PSdeG-PSOE. Vota José Manuel Vázquez Vázquez.
O número 5 do PP de A Illa implicado nunha operación de contrabando de tabaco.
- Valentín Oubiña llegó el 2 de abril a Lavacolla con otras tres personas y están acusados de un supuesto delito de contrabando al tratar de introducir el tabaco desde Lanzarote.
Coma sempre que os do PP teñen algún problema coa lei, a culpa non e deles, e culpa e do Partido Socialista ou da policía que lles ten manía.
Cada quen ten que ser consciente do que fai e apandar coas consecuencias e mais as persoas que optan a un cargo na administración dun concello.
jueves, 5 de mayo de 2011
Algunhas novas desta semana.
Con respecto o Marisqueo a pé en Galicia:
Sempre que o PP gobernou na Xunta de Galicia o colectivo das mariscadoras estivo perseguido. ¿Por que lle molesta tanto este colectivo a Xunta?¿ Por que lle molesta tanto o PP?...DENIGRANTE.
Os últimos datos sobre o paro en Galicia:
Parece que a promesa de acabar co paro en Galicia en 45 dias ó Sr. Feijoo xa a ten mais que atragantada, por desgracia para todos os Galegos e Galegas.
Sempre que o PP gobernou na Xunta de Galicia o colectivo das mariscadoras estivo perseguido. ¿Por que lle molesta tanto este colectivo a Xunta?¿ Por que lle molesta tanto o PP?...DENIGRANTE.
Os últimos datos sobre o paro en Galicia:
Parece que a promesa de acabar co paro en Galicia en 45 dias ó Sr. Feijoo xa a ten mais que atragantada, por desgracia para todos os Galegos e Galegas.
miércoles, 4 de mayo de 2011
Consecuencias do Plan de Ordenacion do Litoral (POL) en A Illa de Arousa
Boletín Informativo do PSdeG-PSOE de A Illa de Arousa.
Coa fin de manter informado ó pobo de A Illa de Arousa o Partido Socialista saca a rúa un novo boletín para explicar as consecuencias que o Plan de Ordenación do Litoral que acaba de aprobar definitivamente a Xunta de Galicia. Este Plan RECORTA considerablemente o terreo urbano edificable, concretamente de 108 a 32 hectáreas.
O Plan do Litoral impide construír en zonas como As Aceñas, Espiñeiro, Con do Sol, A Franqueira, O Bao, Gradin, Riasón, O Barnal, Chasán, Lagartiño e Outeiro. Ademais afecta inexplicablemente a terreos tan alonxados do mar como Pedromínguez, Carballos e Con do Forno, así como zonas céntricas como Pedraserrada e Testos.
Ante este atropelo ó pobo de A Illa, o Concello xa anunciou que vai por un Contencioso-Administrativo para defender os dereitos dos veciños e veciñas de A Illa de Arousa.
Imaxe de como queda a Illa co novo POL
martes, 3 de mayo de 2011
Entrevista a Juan Luciano Otero Besada "Genito"
A entrevista completa de La Voz de Galicia a Juan Luciano Otero Besada "Genito", actual Tenente de Alcalde e concelleiro de urbanismo e persoal.
lunes, 2 de mayo de 2011
O Val dos Deuses
"O Val dos Deuses". Programa anulado tralo cambio de ideoloxía. Veu a luz no ano 2008. Xestouse tralas conversas mantidas entre a nosa concellería de Xuventude e a Xunta para que acercasen a mocidade ao noso municipio coa finalidade de contribuír ao desarrollo da nosa economía e proxectando a nosa Illa cara o exterior.
A anterior xunta apostou pola Illa creando este programa:"O Val dos Deuses" mediante o cal tódolos fines de semana da primavera acudían ao noso concello xóvenes de toda a comunidade e incluso de outras comunidades autónomas, durmían no noso municipio, comían, ceaban nel...e as actividades náuticas e medioambientais éranlles contratadas as asociacións da Illa, contribuíndo así a súa mantenza.
Que máis dicir? Estaba enmarcado dentro da oferta de "Naturalmente Galiza" que ofertaba unhas 25 posibilidades dentro de todo o territorio galego. "O val dos Deuses" era o máis demandado de todos por iso tivo unha continuación de varios anos consecutivos.
Hoxe na prensa, figura Gonzalo Durán xunto co director xeral de xuventude presentando "Roteiros". Non é senón unha plaxio das nosas ideas trasladadas agora a Vilanova. Nós seguiremos encendendo as luces do saber do voso municipio...A hemeroteca atestiguao.
A anterior xunta apostou pola Illa creando este programa:"O Val dos Deuses" mediante o cal tódolos fines de semana da primavera acudían ao noso concello xóvenes de toda a comunidade e incluso de outras comunidades autónomas, durmían no noso municipio, comían, ceaban nel...e as actividades náuticas e medioambientais éranlles contratadas as asociacións da Illa, contribuíndo así a súa mantenza.
Que máis dicir? Estaba enmarcado dentro da oferta de "Naturalmente Galiza" que ofertaba unhas 25 posibilidades dentro de todo o territorio galego. "O val dos Deuses" era o máis demandado de todos por iso tivo unha continuación de varios anos consecutivos.
Hoxe na prensa, figura Gonzalo Durán xunto co director xeral de xuventude presentando "Roteiros". Non é senón unha plaxio das nosas ideas trasladadas agora a Vilanova. Nós seguiremos encendendo as luces do saber do voso municipio...A hemeroteca atestiguao.
Artigos relaccionados.
- A Illa se promociona como refugio de dioses - La Voz de Galicia
- Más de un centenar de jóvenes visitaron A Illa dentro del programa «O Val dos Deuses» - La Voz de Galicia
- Ya está en marcha la segunda edición del programa «O val dos deuses» - La Voz de Galicia
Entrevista o Alcalde de A Illa de Arousa e candidato polo PSdeG-PSOE
A entrevista completa feita pola Voz de Galicia o Candidato e Alcalde de A Illa de Arousa polo PSdeG-PSOE Jose Manuel Vázquez Vázquez
1ª Parte - Vázquez di sentirse orgulloso de ser o alcalde «dun pobo de raza»
2ª Parte - «Rajoy, un apático que agarda que caia maná do ceo»
1ª Parte - Vázquez di sentirse orgulloso de ser o alcalde «dun pobo de raza»
2ª Parte - «Rajoy, un apático que agarda que caia maná do ceo»
domingo, 1 de mayo de 2011
Humanizacions e Dotacion de Servicios
- Humanizacions e Dotacions de Servicios de O BARRIO DO MONTE, RUA QUEBRADA e RUA DO CASTRO.
- Humanizacions feitas con Fondos do PLAN E
- Despliegue da Rede Inalámbrica para acceso Wifi a Internet - INVESTIMENTO: 95.704,99
- Dotación de Gradas do CAMPO DE A BOUZA - INVESTIMENTO: 198.087,40 Euros.
- Dotación de Suministración Eléctrica o CAMPO DE A BOUZA.- INVESTIMENTO: 84.950,00 Euros
NON ESQUEZACES VISITAR A NOSA GALERIA DE IMAXES PARA VER MOITAS MAIS FOTOS
Suscribirse a:
Entradas (Atom)