viernes, 20 de mayo de 2011

Saudos a Todos e Todas dende o Blog do PSdeG-PSOE de A Illa

Saúdos a tod@s os veciñ@s de A Illa de Arousa que visitaches este blog dende a súa inauguración o dia 25 de abril de este ano, coa presentación dos candidatos, ata o dia de hoxe coa ultima entrada antes do peche da campaña electoral.

Ata o de agora, este humilde Blog foi visitado mais de 1150 veces, un numero mais que considerable tendo en conta que non leva en internet nin un mes enteiro, quero recalcar o dato de mais de 1150 visitas, porque esas son as veces que os que navegan na rede lles picou a curiosidade de ver que e o que tiñamos de novo no blog do Partido Socialista, e non os defraudamos, subindo cada dia contidos novos, subimos FOTOS, VÍDEOS, BOLETÍNS e O PROGRAMA, sendo esta a única paxina publicada en toda a internet na que un partido político de A Illa de Arousa expón as súas propostas na rede, o PSdeG-PSOE e o único partido político da Illa que ten o seu programa subido a Internet para que calquera o poida consultar e descargar o seu ordenador.

Estamos especialmente orgullosos da xente que nos visita e comenta, aínda que os comentarios sexan criticas (e non precisamente construtivas), porque esa xente que nos visitou polo menos tivo o detalle de estar aí e ler o que nos tiñamos que dicirlles, a eles e a todos os veciñ@s, estamos orgullosos de que calquera que comentou neste blog puido ver que non se lle censurou nada nin se lle atacou gratuitamente. Porque a realidade e esta, unha paxina web e un lugar publico, non e o mesmo unha conta en Facebook (que nos tamén a temos, Psoe Illa de Arousa) na que podes controlar todo, borrar comentarios negativos, eliminar a xente que non che gusta, bloquear os usuarios (esta persoa que agora vos escribe esta bloqueado e non pode acceder a ver o perfil de Facebook do Partido Popular, nin que dicir ten que non me aceptaron de amigo) pero esa non e a nosa filosofía, esta ben que en Facebook che alaguen os teus amigos, pero creo que non estamos aquí para iso, as cousas teñen que facerse publicas para todo o bo e o malo, por iso optamos por poñer todas as nosas propostas e toda a nosa información a servizo de todos na rede.

Seguindo coa análise deste blog, tamén queremos recalcar algúns datos.
  • Por numero de visitas a Provincia de Pontevedra e dende onde mais se nos visitou seguida por as Illas Canarias, Madrid e a cidade de Santiago de Compostela, tivemos incluso visitas dende Oviedo, Cuenca e Granada.
  • Visitou xente dende os seus iPhone.
  • E incluso nos visitou xente que buscando as webs de outros partidos decidiu quedarse a ollar tamén a nosa.

Para rematar con este artigo so quero darvos as gracias a todos os que visitaches aínda que solo fora unha vez esta paxina web, recordarvos que esta web esta feita para vos, para que poidades informarvos, por iso poñemos a vosa disposición toda a información da que dispoñemos (Fotos, Vídeos, Boletíns, Programa e os Artigos da prensa e nosos propios) para que o dia 22 de Maio VAIADES A VOTAR e votedes por quen vos demostrou, xa dende fai moitos anos que quere o mellor para A Illa de Arousa, que votedes por quen vai de fronte, por quen vos escoita e non por quen se adica a borrar na rede o que comentades so porque non lle gusta, que votedes por quen di o mesmo aquí no noso pobo diante da xente e non por quen vos da a espalda nada mais saír polo puente para fora, que botedes polo bo traballo feito e polo bo traballo que nos queda por facer, en definitiva que VOTEDES POLO PSdeG-PSOE DE A ILLA DE AROUSA.

Moitas Gracias a Todos e Todas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Cometa o que queiras, sempre con respeto, e publicaremosche o comentario canto antes.