lunes, 2 de mayo de 2011

O Val dos Deuses

"O Val dos Deuses". Programa anulado tralo cambio de ideoloxía. Veu a luz no ano 2008. Xestouse tralas conversas mantidas entre a nosa concellería de Xuventude e a Xunta para que acercasen a mocidade ao noso municipio coa finalidade de contribuír ao desarrollo da nosa economía e proxectando a nosa Illa cara o exterior.
A anterior xunta apostou pola Illa creando este programa:"O Val dos Deuses" mediante o cal tódolos fines de semana da primavera acudían ao noso concello xóvenes de toda a comunidade e incluso de outras comunidades autónomas, durmían no noso municipio, comían, ceaban nel...e as actividades náuticas e medioambientais éranlles contratadas as asociacións da Illa, contribuíndo así a súa mantenza.
Que máis dicir? Estaba enmarcado dentro da oferta de "Naturalmente Galiza" que ofertaba unhas 25 posibilidades dentro de todo o territorio galego. "O val dos Deuses" era o máis demandado de todos por iso tivo unha continuación de varios anos consecutivos.
Hoxe na prensa, figura Gonzalo Durán xunto co director xeral de xuventude presentando "Roteiros". Non é senón unha plaxio das nosas ideas trasladadas agora a Vilanova. Nós seguiremos encendendo as luces do saber do voso municipio...A hemeroteca atestiguao.

Artigos relaccionados.
 Consulta a Galeria de Imaxes para ver mais fotos

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Cometa o que queiras, sempre con respeto, e publicaremosche o comentario canto antes.