Educación e cultura.
Nestes tres últimos anos abrimos un novo servizo educativo cultural. Creamos a escola de teatro. Esta está integrada por dous grupos: Un de adultos-xuvenil e outro infantil. Ensaian tódolos xoves no multiusos. Ademáis de facer actividades como risoterapia, potenciación da memoria, dramatización, xesticulación, poñen cada ano sobre as tablas unha obra de teatro para toda a xente da Illa e incluso acuden a representar a outros concellos como Mourente, Ribadumia no caso do grupo de adultos (nos que as aulas de teatro son nutridas por asociacións e non polo propio municipio como no noso caso) e no teatro principal de Pontevedra, no caso do grupo infantil.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Cometa o que queiras, sempre con respeto, e publicaremosche o comentario canto antes.