sábado, 30 de abril de 2011

As novas dos xornais de Hoxe e un pouco de Hemeroteca

A campaña do Concello de A Illa de Arousa en materia de prevención de drogodependencia.
    Adaptación de espazos públicos as persoas con autismo.
    Agora un pouco de hemeroteca, para que non esquezamos os feitos recollidos nos xornais.
    Con respecto a esta ultima nova, aínda estamos esperando a que os representantes do Partido Popular de A Illa nos expliquen porque o seu partido que na actualidade Goberna na Xunta bota abaixo unha proposta de ampliación para o noso colexio de Educación Primaria.

    jueves, 28 de abril de 2011

    PREGUNTAS PODEROSAS



    que é o que queres?
    que é o que che importa?
    que é o que che impide alcanzar o teu obxectivo?
    que outras opcións tes?
    que suporá para ti lograr este obxectivo?
    que estas disposto a abandoar para conseguir esto?
    que é o que non estás disposto a cambiar?

    eres feliz?
    como sabes cando eres feliz?
    como te sintes cando estás realmente feliz?
    que lle pides á vida?
    que é importante para Ti?
    tes agora mesmo o que te mereces?
    canto máis podes conseguir?
    De que te sintes máis agradecido/a na túa vida?
    Como podes ter máis deso?

    Que é exactamente o que queres?
    Que, exactamente, verás, oirás ou sentirás cando o alcances?
    Canto tempo precisas para alcanzalo?
    Cando queres alcanzalo?

    que habilidade preferirías mellorar na túa vida?
    como decidirías cando eres suficientemente bo?

    Como che gustaría traballar?
    Donde che gustaría traballar?
    Cando che gustaría traballar?
    Cal é a primeira acción que poderías realizar para achegarte máis a esa realidade?

    que opinas do teu traballo?
    que intereses persigues co teu traballo?
    estas facendo algo para protexer a túa carreira profesional?
    que estás facendo para desenvolver a túa carreira profesional?
    sínteste atascado/a nela?
    lamentas algo dela?
    proporciona o teu traballo os ingresos que necesitas?
    estás satisfeito co que gañas?
    poderías afrontar unha crise inesperada?

    como contribúes á túa comunidade?
    que hai de bo na situación presente?
    que podes facer para que iso cambie?
    como podo axudar aos meus fillos a ser felices e ter éxito?

    O PP e as suas cortinas de fume.


    Fonte da nova www.farodevigo.com

    Piden explicaciones sobre el acuerdo con Benestar para la casa de Doña Tomasa

    El Concello recuerda al portavoz conservador que tanto la conselleira como la Diputación no les han informado
    El grupo de gobierno de A Illa solicita al candidato del PP, Juan José González Vázquez, que como miembro de la corporación, "informe y acredite los acuerdos a los que, según el, ha llegado con la Consellería de Benestar y con la Diputación para rehabilitar las viviendas de Doña Tomasa y las de O Campaneiro". Desde el Concello recuerdan que "el portavoz del PP viene alardeando desde hace unos meses de los acuerdos que ha logrado con la Consellería de Benestar y la Diputación para aportar financiación a la rehabilitación de las dos viviendas".
    Sin embargo, los intentos del alcalde, Manuel Vázquez, de contactar con la Consellería como con la Diputación han resultado infructuosos al "no acabar de conceder una entrevista para abordar este tema y concretar las actuaciones". Por este motivo, desde el Concello entienden que debe ser González Vázquez el que dé las explicaciones oportunas sobre esos acuerdos, aunque sospechan que se trata de una muestra más "de las actuaciones caciquiles del PP".
    Curiosamente, el PP solicitó el pasado martes una copia del convenio que suscribió el Concello con el Ministerio de Fomento para hacerse cargo de la remodelación de las dos viviendas.

    Fonte da nova www.farodevigo.com


    miércoles, 27 de abril de 2011

    Escola de teatro municipal

    Educación e cultura.
    Nestes tres últimos anos abrimos un novo servizo educativo cultural. Creamos a escola de teatro. Esta está integrada por dous grupos: Un de adultos-xuvenil e outro infantil. Ensaian tódolos xoves no multiusos. Ademáis de facer actividades como risoterapia, potenciación da memoria, dramatización, xesticulación, poñen cada ano sobre as tablas unha obra de teatro para toda a xente da Illa e incluso acuden a representar a outros concellos como Mourente, Ribadumia no caso do grupo de adultos (nos que as aulas de teatro son nutridas por asociacións e non polo propio municipio como no noso caso) e no teatro principal de Pontevedra, no caso do grupo infantil.

    Escola de Musica

    No ano 2008 creamos a escola de música coa finalidade de ofertar actividades educativo culturais principalmente para a poboación xoven. O concello incluíu unha partida orzamentaria para ela nos presupostos. Impártense clases de solfeo, música e movemento, clarinete, saxo, trompeta, frauta, persución, guitarra. 
    Os alumnos fan concertos trimestrais para todo o público didácticos para os alumnos dos centros educativos. Na actualidade están matriculadas 53 persoas.

    A Illa estudia reordenar o tráfico tras a apertura do vial do Xufre

    Unha vez que a ansiada estrada do Xufre abriu e que a circulación de vehículos pesados baixou de forma considerable nas rúas do centro urbano insular, chegou o momento de comezar a exporse unha reordenación de tráficos no municipio. O equipo de goberno xa está a pensar niso e está a analizar as alternativas.
    Os cambios que se proxectan afectarán ao centro urbano, pero se trata de que incidan de modo especial na avenida Castelao, un viario ata hai poucos días moi castigado pola trasfega de camións que se internaban no municipio, xa fose para dirixirse ao peirao ou ao centro urbano. O alcalde, Manuel Vázquez, recoñecía onte que a redefinición e a dinamización de Castelao é unha demanda de veciños e empresarios da localidade, así que niso se centrará a reorganización de tráficos que se prepara.

    Unha das variables que se estudará á hora de planificar o futuro do tráfico insular é a posibilidade de que a rúa Castelao, no seu tramo final, volva contar con dobre sentido de circulación, eliminado hai algún tempo precisamente para evitar os problemas que podía ocasionar a confluencia de dous camións. O rexedor explica que se buscará a mellor fórmula para redefinir este viario e que quede o máis cómodo posible para condutores e peóns. Convertelo nun bulevar é unha idea que, a priori, seduce ao alcalde.
    Mentres ese redeseño vai tomando corpo, o Concello da Illa xa detectou algúns problemas na definición da estrada de acceso ao Xufre. Un deles é a falta de sinalización na rotonda de acceso ao municipio que informe ou ata obrigue aos camións a tomar o novo viario en lugar de penetrarse pola avenida da Ponte. Outro é o abrupto final da estrada, que se atopa practicamente de fronte coa lonxa. Neste aspecto, o goberno local pide a Portos e a Estradas que redefinan ese espazo.

    martes, 26 de abril de 2011

    Mitin psdg-psoe da Illa con José Blanco, Pachi Vázquez, Jose Manuel Vázquez e Raquel Rial

    XUNTANZA DA CANDIDATURA SOCIALISTA COA ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE A ILLA DE AROUSA

    Gracias a Directiva da Asociación de 
    Empresarios de A Illa de Arousa, por recibir este luns aos membros da Candidatura do Partido Socialista de A Illa de Arousa    
    (Eugenio Otero, Carlos Iglesias, Raquel Rial e J. Manuel Vázquez ), dentro da rolda de xuntanzas que o Partido Socialista está a manter cos distintos colectivos e asociacións  do concello para conformar o programa electoral. 
    GRACIAS POLAS VOSAS APORTACIÓNS E PROPOSTAS.

    @S CANDIDAT@S UN@ A UN@.

    @S CANDIDAT@S UN@ A UN@.
    Presentámosvos as mulleres e aos homes, ao equipo co que o PSDG-PSOE concurre as eleccións municipais do vindeiro 22 de maio.
    Este día xógase un partido moi importante, un encontro determinante para o futuro da nosa Illa durante os vindeiros catro anos. Con el pretendemos combinar as novas ideas da xuventude xunto coa experiencia.
    Tod@s e cada un@ dos xogador@s están dispost@s a adicarnos a tod@s gratuitamente as horas, os minutos, os días da súa propia vida durante unha lexislatura; e teñen unha única finalidade moi clara: Traballar para todos vós, traballar para conseguir que a nosa querida Illa sexa A ILLA DAS PERSOAS.
    Iremos pouco a pouco dando a coñecer o noso proxecto. Esperamos que vaian sendo do voso do gusto xa que estaríamos encantados de que este partido o xogasedes con nós.

    lunes, 25 de abril de 2011

    Os candidatos.

    Candidato nº 1. José Manuel Vázquez Vázquez

    Que dicir del? A voz da experiencia. Tras facer o seu último exame da licenciatura de ciencias económicas e empresarais, embarcouse na singladura política accedendo a alcaldía da Illa no ano 1999.
    Namorado do deporte, persoa xusta. Home moi traballador e comprometido co seu concello que busca o ben común de toda a Illa. Estamos encantados de telo un ano máis como candidato a alcaldía, un ano no que gracias a el e o seu equipo puidemos ver grandes proxectos sumamente importantes para o desarrollo da Illa.
    Esperamos telo de alcalde outros catro anos máis e moitas gracias Manuel pola túa dedicación a este concello

    Candidato nº 2. Carlos Iglesias Cores

    Moitísmas grazas, Carlos, polo teu compromiso. Estam@s encantad@s coa túa incorporación ao noso equipo. Unha persoa dun valor e cuns valores incalculables, home xoven que sabe escoitar, un ser humano que ao definilo como perfecto aínda nos quedariamos cortos. O seu saber estar e os seus coñecementos como xurídico proporcionaranlle ao noso concello a consecución de grandes proxectos. Un apertísima infinita, un bico grandísimo, e un sorriso enorme ao pensar en ti.

    Candidata nº 3. Fátima Rivas Gonzalez

    Actual concelleira de turismo, muller e traballo. Leva dúas lexislaturas e coñece o concello como nadie.


    Candidata nº 4. Dolores Folgar Vilas
    Doña Lola; muller traballadora, loitadora e colaboradora no que faga falla. As familias de A Illa saben ben do seu traballo en servizos sociais.

    Candidato nº 5. Isidro García García
    A voz do mar. Actual concelleiro de obras e servicios. A súa labor nótase nas rúas da Illa.

    Candidata nº 6. Raquel Rial Villanueva

    Diplomada en ciencias empresarais, licenciada en economía, máster en finanzas. Traballadora de Caixanova e PYMES. Xoven, aínda que con carácter.
    Moitísmas grazas, Raquel, por compartir con nós esta viaxe e por aportar o teu saber ao noso proxecto. Individablemente serás unha gran concelleira.


     Candidato nº 7. Raquel Dacosta Otero

    Muller traballadora, moi colaboradora. Tamén acaba de confiar e compartir con nós o proxecto. Observándoa e coñecéndoa apreciamos como todas as súas cualidades a aquilatan como unha muller cunha sublime beleza interior que acabará converténdoa nunha insuperable concelleira.


    Candidato nº 8. Alfonso Salgado Alonso

    A voz da experiencia neste grupo. Home dedicado de cheo a educación e moitos mozos e mozas da Illa saben do seu saber. Recién xubilado como director do C.E.I.P Torre -Illa.

    Candidata nº 9. Iria Dios Oliveira

    Unha nova incorporación no partido. 30 anos. un orgullo para nós contar con xente tan nova na nosa candidatura. Outra promesa do noso partido que no futuro será unha boa concelleira. Moitísimas gracias, Iria, por navegar con nós.


    Candidato nº 10. Alfredo Otero Lojo

    Home induvidablemente ligado ao mundo do mar e a cultura. Sempre que se che chama colabora incondicionalmente. Que máis dicir del? Un infinito de positivos que a todos se nos ocurre cando pensamos na súa persoa.


    Candidato nº11. Luís Arosa García

    O militante máis xoven do partido, estudante de políticas. Un encanto de rapaz e un gran futuro para o noso partido.

    Suplente nº 1. Juan Luciano Otero Besada

    Actual concelleiro de urbanismo e persoal. Home que adicou o seu traballo e dedicación nesta lexislatura. Grazas, Eugenio tamén pola túa colaboración.

     Suplente nº 2. Juliana Dios Barreiro

    Actual concelleira de educación. Profesora de ensinanza secundaria no I.E.S de Carril. Licenciada en filoloxía hispánica, filoloxía galega, filoloxía románica. Doctorado en literatura hispanoamericana.



    Suplente nº 3. Manuel García Poza

    Foi concelleiro durante dúas lexislaturas. Home sempre disposto a botar unha man.

    Suplente nº 4. Lucinda Diz Besada

    Foi concelleira. Actual secretaria xeral. Empresaria. Unha muller que sabe estar sempre onde se necesita.


    A Illa das persoas

    A Illa das persoas


    A finalidade: crear unha illa na que o primordial e fundamental sexa a nosa xente. Elaborando un programa no que o máis importante sexades vós; @s veciños de A Illa. O noso lema: A Illa das persoas.
    Con vós e para vós: Iremos colgando as nosas propostas pensadas en vós.