O
Concello da Illa de Arousa está a elaborar un Plan de Emergencia e evacuación
no Colexio Público Torre-Illa en colaboración co Consello Escolar e coa
inestimable axuda da Dirección do centro,encabezada polo seu Director D.Carlos
Lorenzo Pérez.
                  
Pese a seguir as directrices pnrincipais do Manual de
Autoprotección,este Plan tívose que adaptar ás características especiais do
CEIP Torre-Illa ó estar fragmentada a actividade  en edificios independentes.Tendo en conta a
novidade que isto supón,deberá pasar unha proba de funcionamento,que se
producirá ó realizar o primeiro simulacro de Evacuación.
                   A
Dirección do Colexio encargarase da posta en funcionamento deste Plan de
Autoprotección e de que se realicen as actuacións anuais,necesarias e
imprescindibles para a súa eficacia.
                   O
Concello da ILLA de AROUSA vai investir mais de 15000 xuros en poñer en marcha
dito Plan de Emergencia repartidos da seguinte maneira:
                  
*-Redacción do Plan de Evacuación e Autoprotección.
                   *-Conectar
as bocas de incendio existentes e colocar 4 a mayores levando unha nova liña dende a Rúa Cabodeiro.
                  
*-Dotar as portas que o necesiten dos distintos edificios de “sistemas 
                     
antipático”.
                   *-Reemplazo
das luces de emergencia.
                  
*-Colocar sinaléptica e planos de evacuación en tódalas plantas.
                  
*-Instalación de extintores donde sexa necesario.
                   É
esta, outra proba mais que evidente do que nos preocupa a educación ao goberno
municipal da Illa de Arousa facendo unha inversión moi importante e ao mesmo
tempo necesaria,outros como o P.P da ILLA encabezado polo lastre do seu
portavoz, apoian que o seu partido en Santiago rexeite a ampliación tan
demandada do CEIP, se poñan na contra de pais e nais nas demandas lexítimas do
IES da ILLA,aumenten o número de alumnos por aula,disminución de
mestres,disminución de becas para o estudo dos nosos fillos,etc.
ISIDRO GARCIA GARCIA.CONCELLEIRO DE SERVICIOS,OBRAS E
TRÁFICO.
 
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Cometa o que queiras, sempre con respeto, e publicaremosche o comentario canto antes.