viernes, 20 de enero de 2012

REFEXIÓNS (I)...


Imos cumprir o terceiro ano do goberno Feijoo e ano a ano, balance a balance, todos os indicadores son cada vez máis negativos : o desemprego, o indice de producción industrial, as listas de espera, o endebedamento da Comunidade Autónoma, etc... O Indice de producción Industrial non deixou de caer nestos tres anos, cunha taxa negativa interanual de máis do 7% que levóu a desaparición dun número moi importante de empresas en Galicia, maioritariamente 'pemes', e sen indicios de recuperación.
Nesta coxuntura, seguimos sen coñecer o rumbo da política industrial da Xunta e o Sr. Conselleiro de Industria non está nin se lle espera, cando é evidente que se precisan actuacións para o desenvolvemento dun tecido industrial propio adaptado o país . As conselleiras de Sanidade e Facenda abandonaron o barco antes de tempo, unha sen resolver ningún dos problemas da Sanidade galega , senon creando máis , privatizando hospitais e coqueteando co copago e a outra, a Conselleira de Facenda multiplicou en tan só tres anos, case que por tres a débeda de Galicia ata situala en perto de 7.000 millóns de euros e o peor de todo é que non sabemos para qué.
Neste difícil momento, cando os tres institutos máis importantes de europa -o IFO alemán, o ISEE francés e o ISAE italiano- prevén unha recesión para a zona euro no 1º semestre do 2.012 e cando moitas voces incluso dende posicións neoliberais claman pola volta a políticas de inversión pública na economía real, Feijoo paralizou a obra civil da Xunta en aras da austeridade. Elixiu sacrificar a estimulación da creación de emprego (un claro exemplo é a inoperatividade do IGAPE), en favor da consolidación fiscal (suba de impostos) que é a prioridade que marca o seu rumbo.
Esta política económica do Sr. Feijoo baseada só na auteridade e non na estimulación da demanda, levou a Galicia a esta triste situación, na que nos situamos como a 5ª Comunidade Autónoma onde máis creceu o desemprego no ano 2.011, sendo en decembro a segunda con maior destrucción de emprego de toda España, deixando 258.234 persoas sen traballo.
Galicia necesita un cambio de rumbo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Cometa o que queiras, sempre con respeto, e publicaremosche o comentario canto antes.